Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de café, auga mineral, pan, legumes, arroz, pastas e outros. (C.P. 121/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación dunha subministración de café, auga mineral, pan, legumes, arroz, pastas e outros.

Orzamento: 15.654.200 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 313.084 ptas.

* Lote 1: café moído superior (kg), soluble sobre, soluble descafeinado sobre.

Orzamento: 1.565.000 ptas.

Garantía provisional: 31.300 ptas.

* Lote 2: macela (sobre), té (sobres), tila (sobres).

Orzamento: 45.000 ptas.

Garantía provisional: 900 ptas.

* Lote 3: auga mineral 1500 cc e 500 cc.

Orzamento: 3.460.000 ptas.

Garantía provisional: 69.200 ptas.

* Lote 4: auga mineral 1500 cc e 500cc. Baixa en NA.

Orzamento: 1.756.000 ptas.

Garantía provisional: 35.120 ptas.

* Lote 5: pan de barra (bolo 60 gr), pan de barra integral (bolo 60 gr), barra pan (30 gr), pan barra (70 gr).

Orzamento: 5.777.000 ptas.

Garantía provisional: 115.540 ptas.

* Lote 6: empanada.

Orzamento: 225.000 ptas.

Garantía provisional: 4.500 ptas.

* Lote 7: pan molde sen sal, (envase 1 Kg).

Orzamento: 1.175.000 ptas.

Garantía provisional: 23.500 ptas.

* Lote 8: arroz grano enteiro e grano vaporizado.

Orzamento: 395.000 ptas.

Garantía provisional: 7.900 ptas.

* Lote 9: garavanzo extra froito uniforme, lentella fina extra tipo pardina, fabas pintas extra tipo ril, fabas brancas extra tipo ril.

Orzamento: 384.500 ptas.

Garantía provisional: 7.690 ptas.

* Lote 10: crema de espárragos, crema de champiñóns, fariña de trigo fina, fariña fina de millo, fideo entrefino, spghetti, macarróns, cotobelo, estreliñas, cus-cus, sémola de trigo, sémola tapioca, puré pataca escama.

Orzamento: 871.700 ptas.

Garantía provisional: 17.434 ptas.

I. Forma de adxudicación.

Concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega.

II a) Calendario de entregas parciais: a entrega dos víveres realizarase segundo anexo II adxunto ó prego de prescricións técnicas.

III. Admisión de variantes.

Admítese ata unha variante.

IV. Solvencia económica e técnica.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación.

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade: 20%.

3. Servicio: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións.

Terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de xuño de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4530