Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 21 de maio de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-2190/1996 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, proposta de resolución en expedientes sancionadores instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (praza de España, 2-2º), e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4 da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-2190/96 e C-2198/96.

Denunciado: Felipe Manuel de León López.

Domicilio: Rosalía de Castro, 7-9, 4º Esq., A Gándara-Narón.

Nº de expediente: C-2212/96.

Denunciado: Luis Romaus Piñeiro.

Domicilio: As Viñas, s/n, Mugardos.

Nº de expediente: C-152/97.

Denunciado: Pedro Miranda Pena.

Domicilio: Lobo Montero, s/n, Narón.

Nº de expediente: C-296/97.

Denunciado: Juan Ángel Moya Leira.

Domicilio: Catroventos, 65, Mugardos.

Nº de expediente: C-329/97.

Denunciado: Jorge Reborido Mato.

Domicilio: Rosalía de Castro, 48-baixo Dta., Mugardos.

A Coruña, 21 de maio de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4301