Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de maio de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Seda número 2, a favor de Ramón Outeiral Triñanes.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xu

rídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Seda nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Ribeira B, cuadrícula 61.

Data da concesión: 26-6-1980.

Data do remate da última prórroga: 16-8-2000.

Anterior concesionario: Francisco Outeiral Carreño e Carmen Triñanes Lojo.

Novo titular da concesión e batea: Ramón Outeiral Triñanes.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 23 de maio de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4303