Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de obra consistente na execución dun edificio para o Laboratorio Oficial de Metroloxía.

-Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Numero de expediente: 16/97.

-Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución da obra de construcción dun edificio para alberga-lo Laboratorio Rexional de Metroloxía de Galicia.

Lugar de execución: Ourense.

Prazo de execución: 24 meses computados desde o día seguinte ó da comprobación do replanteo.

-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

-Orzamento base de licitación.

Importe total 660.383.426 pesetas para executar do seguinte modo:

Ano 1997: 131.151.625 pesetas.

Ano 1998: 452.356.932 pesetas.

Ano 1999: 76.874.869 pesetas.

-Garantías.

Provisional: non se esixe.

-Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Telefax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

-Requisitos específicos do contratista.

Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): grupo C, subgrupo 2, categoría e.

-Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

-Apertura de ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 11 horas.

-Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

4395