Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.740

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, de corrección de erros á do 16 de maio de 1997, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, convocados pola Orde do 19 de marzo de 1997.

Advertidos erros na dita resolución publicada no DOG nº 102, do xoves 29 de maio de 1997, é necesario efectua-la seguinte rectificación:

Na páxina 5.084, especialidade: lingua e literatura galegas, tribunal nº 1, titular, onde di: «Presidente: Hermida García, Modesto», debe dicir: «Presidenta: Gallego Fouz, Amparo».

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

4504