Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.716

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de diverso persoal.

A presidenta da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.) acorda convocar proceso selectivo para a contratación dos puestos de traballo que a continuación se relacionan:

Nº postosPostoRequisitos

1Técnico facultativoEnxeñeiro de camiños, canles e portos
1Técnico facultativoArquitecto superior
1Técnico informáticoFPII-Informática/bacharelato superior
2Secretaria/oFPII-Administrativo/bacharelato superior
1Conserxe-conductorFPI-Automoción e permiso de conducir tipo B-2

A modalidade de contratación deste persoal será a de laboral fixo.

Os candidatos terán que lle achegar á solicitude todos aqueles documentos que acrediten os méritos que aleguen, expediente académico, currículum vitae e fotografía, así como unha memoria que versará sobre os fins da sociedade, en consonancia co posto de traballo ó que se opte.

A selección dos candidatos consistirá na aplicación dun baremo, que será facilitado a quen o solicite -así como a información complementaria que considere oportunanas- nas dependencias da Consellería de Economía e Facenda, (Dirección Xeral de Presupostos, teléfono (981) 54 51 09, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), así como na realización dunha entrevista.

O prazo para a presentación de solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo.

Margarita Rodríguez Rama

Presidenta

.PDF11HIDRO LIFT EUROPA S. A.