Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto e apertura e urbanización do primeiro tramo da rúa do Cordón en Lérez.

A comisión de Goberno, en sesión celebrada o 19 de maio do 1997 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de apertura e urbanización do primeiro tramo da rúa do Cordón e proxecto complementario de rede de sumidoiros no Camiño da Santiña, que anula as determinacións de evacuación de augas pluviais e residuais daquel, promovido mediante iniciativa particular por Promociones Abasot, S.L., e redactados polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez, visados polo colexio oficial de enxeñeiros de camiños, canles e portos de Galicia, respectivamente, en datas do 5-12-1995 e 23-4-1997, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na unidade de fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 28 de maio de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral

4567