Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, do acordo de iniciación do expedientes sancionador en materia de espectáculos públicos 545/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infraccción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Nº de expediente: 545/1996.

Denunciada: Isabel Vázquez Taboada.

DNI: 76.619.195-P.

Enderezo: Quiroga Palacios, 6-2º esq., Santiago de Compostela.

Establecemento: Curruncho.

Precepto infrinxido: artigo 23.n) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción prevista: multa de 50.001 ata 5.000.000 de ptas.

Clausura do establecemento de ata seis meses.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1.d) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 8, 13 e 16 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto) conta cun prazo de 15 días hábiles desde a publicación para exercitar perante a instructora, Elena Salleres Carnero, xefa da Sección de Sancións, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examina-lo expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercita-lo dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita en Fernando Macías, 18-1º, A Coruña.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 12 de maio de 1997.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

4354