De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario perante o conselleiro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente: Secretaría 48/1997.
Denunciado: Gestalimen, S.L.
DNI: B-15481759
Razón social: Carnicería Ofertenda, 4.
Último enderezo coñecido: Travesía de Meicende, 113. Arteixo.
Resolución: cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: 25.000 ptas.
A Coruña, 15 de maio de 1997.
Diego Bernal Llorente
Delegado provincial da Coruña
4315