Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 9/1997).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 5 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude formulada pola empresa Planta Eólica de Galicia, S.A., con enderezo na rúa Goya, 85, 28001 Madrid, para a autorización administrativa do parque eólico Couce do Penido.

Concellos efectados: Cedeira.

Coordenadas:V(581.650 W, 4.383.350 N), V(583.800 W, 4.837.100 N), V(584.450 W, 4.837.650 N), V(584.875 W, 4.837.275 N), V(585.500 W, 4.838.000 N), V(587.600 W, 4.836.800 N), V(585.300 W, 4.833.450 N), V(581.650 W, 4.838.350 N),

Potencia que se vai instalar: 24 MW.

Durante o prazo de trinta días, poderanse presentar solicitudes en competenica, axustándose ó disposto o artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 5 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4458