Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.686

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de psicoloxía e pedagoxía, nas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que se celebrarán as probas de coñecementos de lingua galega e o primeiro exercicio.

De acordo coa base común 6.3º da Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, estes tribunais de conformidade coas instruccións da Dirección Xeral de Persoal, acordan o seguinte:

Primeiro.-Acto de presentación dos aspirantes, realización da proba de coñecementos de lingua gale

ga e realización do primeiro exercicio ou, se é o caso, da primeira parte da proba:

Especialidade: psicoloxía e pedagoxía, tribunais números 1, 2, e 3.

-Acto de presentación:

Data: 25 de xuño de 1997.

Hora: 10 horas.

Centro: IB Salvador de Madariaga da Coruña, Paseo de Ronda - A Coruña.

-Proba de coñecementos de lingua galega:

Data: 25 de xuño de 1997.

Hora: 12 horas.

Centro: IB Salvador de Madariaga da Coruña, Paseo de Ronda - A Coruña.

-Primeiro exercicio ou primeira parte da proba:

Data: 30 de xuño de 1997.

Hora: 11 horas.

Centro: IB Salvador de Madariaga da Coruña, Paseo de Ronda - A Coruña.

Especialidade: psicoloxía e pedagoxía, tribunais números 4 e 5.

-Acto de presentación:

Data: 25 de xuño de 1997.

Hora: 10 horas.

Centro: IB Eusebio da Guarda da Coruña, praza de Pontevedra - A Coruña.

-Proba de coñecementos de lingua galega:

Data: 25 de xuño de 1997.

Hora: 12 horas.

Centro: IB Eusebio da Guarda da Coruña, praza de Pontevedra - A Coruña.

-Primeiro exercicio ou primeira parte da proba:

Data: 30 de xuño de 1997.

Hora: 11 horas.

Centro: IB Eusebio da Guarda da Coruña, praza de Pontevedra - A Coruña.

Recórdase que, de conformidade co apartado 6.4º da Orde do 19 de marzo de 1997, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.

Segundo.-De conformidade coa resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 5 de maio de 1997 (DOG do 16), a orde de actuación dos aspirantes virá determinada pola orde alfabética do primeiro apelido que comece pola letra H.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

4427