Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.666

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 2/1997, do 29 de maio, de concesión dun crédito extraordinario para atende-los gastos das eleccións ó Parlamento de Galicia.

A convocatoria de eleccións ó Parlamento de Galicia de 1997 esixe que a Administración autonómica habilite unha serie de medios humanos e materiais para levar a bo termo o proceso electoral, e é por iso que, dándolle cumprimento ó disposto na Lei 8/1985, do 13 de agosto, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, de eleccións ó Parlamento de Galicia, e na demais normativa vixente, resulta necesaria, ó abeiro do artigo 62 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, a concesión dun crédito extraordinario que permita atende-los gastos indicados.

Co fin de que o dito crédito extraordinario non produza incremento de gasto público, o seu financiamento levarase a cabo anulando remanentes de crédito de distintos capítulos do presuposto de gastos vixente, antes do 31 de decembro deste ano.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de concesión dun crédito extraordinario para atende-los gastos das eleccións ó Parlamento de Galicia.

Artigo 1

Concédese un crédito extraordinario ó presuposto de gastos vixente da Comunidade Autónoma por importe de mil setenta millóns setecentas vintecatro mil oitocentas sesenta pesetas (1.070.724.860 ptas.), tal como se especifica no anexo I desta lei, co obxecto de atende-las obrigas que deriven da realización das eleccións ó Parlamento de Galicia en 1997.

Artigo 2

Este crédito extraordinario financiarase mediante a anulación de remanentes de créditos dos distintos capítulos do presuposto de gastos correspondente ó financiamento básico e incondicionado dos vixentes presupostos xerais da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, antes do 31 de decembro de 1997, determinará as aplicacións presupostarias dos citados créditos.

Os mencionados remanentes anulados só poderán afectar excepcionalmente a créditos autorizados dos capítulos VI e VII dos presupostos.

Artigo 3

De acordo co artigo 45 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, de eleccións ó Parlamento de Galicia, a Comunidade Autónoma de Galicia concederalles

anticipos de subvencións para gastos electorais ata un 30% das cantidades concedidas en concepto de subvencións electorais ós partidos, coalicións, federacións e agrupacións de electores que obtivesen representación nas últimas eleccións que tiveron lugar ó Parlamento de Galicia de 1993. O importe indicado de anticipos de subvencións está incluído no crédito solicitado, tal como se desprende da desagregación que figura no anexo II.

Artigo 4

De acordo cos artigos 46 e 47 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, de eleccións ó Parlamento de Galicia, no prazo de catro meses posteriores ás eleccións, os partidos, coalicións, federacións e agrupacións de electores que cumpran os requisitos esixidos para recibiren subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia ou que recibisen anticipos con cargo a elas deberán presentar unha contabilidade detallada e documentada dos seus ingresos e gastos electorais.

O Consello de Contas pronunciarase sobre a regularidade das contabilidades electorais dentro dos sete meses seguintes á realización das eleccións e remitiralle á Xunta de Galicia o contido da fiscalización mediante informe razoado e detallado.

Dentro do mes seguinte á remisión do informe ó que se refire o apartado anterior, a Xunta de Galicia presentaralle ó Parlamento de Galicia un proxecto de crédito extraordinario por importe da subvención final que se debe adxudicar. En ningún caso este crédito superará a cantidade que corresponda como liquidación das subvencións ás formacións políticas, de acordo co artigo 44 da Lei 8/1985, do 12 de agosto, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro.

Artigo 5

Nos tres meses seguintes á realización das eleccións, a Xunta de Galicia dará conta ante a Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento de Galicia da valoración da execución detallada deste crédito extraordinario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Xunta de Galicia para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación desta lei.

Segunda.-Esta lei entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Especificación orgánica, económica por conceptos e programas.

Sección 01.-Parlamento.

Servicio 01.-Parlamento.

Programa 132A.- Administración electoral.

CapítuloArtigoConceptoExplicación do gastoTotal do

concepto

Total do

artigo e

capítulo

233Gastos en bens correntes e servicios.

Indemnizacións por razón do servicio.

Outras indemnizacións, Xunta Electoral de Galicia.

4.900.0004.900.000

Sección 04.-Consellería da Presidencia e Adminis

tración Pública.

Servicio 09.-Secretaría Xeral.

Programa 132A.-Administración electoral.

CapítuloArtigoConceptoSubconc.Explicación do

gasto

Total do

concepto

Total do

artigo e

capítulo

22609Gastos en bens correntes e servicios.

Material, subministración e outros.

Procesos electorais.

948.500.000948.500.000

Sección 04.-Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Servicio 09.-Secretaría Xeral.

Programa 132B.-Gastos e subvencións electorais.

CapítuloArtigoConceptoSubconc.Explicación do

gasto

Total do

concepto

Total do

artigo e

capítulo

48009Transferencias correntes.

Familias e institucións sen fins de lucro.

Subvencións a familias e institucións sen fins de lucro.

Outras subvencións a partidos políticos.

117.324.860117.324.860

ANEXO II

1. Dotación de elementos materiais.

Este epígrafe recolle, por un lado, a montaxe de urnas, cabinas e traslado delas e, por outro, os gastos relativos á elaboración tanto de impresos electorais coma de papeletas e sobres electorais e, por último, a asistencia técnica.

Para o cálculo da cantidade prevista para 1997 aplicouse o índice de prezos ó consumo desde novembro de 1993 ata outubro de 1997, que se estima que será do 15,2%.

Por outra banda, e baseándose nos datos dos últimos comicios electorais realizados na nosa Comunidade

(eleccións a Cortes Xerais de marzo de 1996), estímase un número aproximado de 3.665 mesas electorais.

Por todo iso, a cifra presupostada no referente á montaxe de urnas, cabinas e traslado delas para as próximas eleccións de 1997 sae de aplicárlle-la inflación prevista anteriormente, ademais do incremento de mesas electorais, que pasa de 3.513 nas últimas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1993 a 3.665 mesas para os comicios autonómicos de 1997, ós importes que se presupostaran en 1993.

De igual maneira, para o cálculo da asistencia técnica tívose en conta a inflación acumulada de novembro de 1993 a outubro de 1997 e aplicouse sobre o importe gastado por este mesmo concepto nas eleccións de 1993.

Por último, no que respecta á elaboración tanto de impresos electorais coma de papeletas e sobres electorais, ademais de ter en conta un IPC do 15,2%, tívose en conta, por un lado, o importante incremento do prezo do papel nos últimos catro anos, moi superior á inflación, e, por outro, que a diferencia dos comicios de 1993 a empresa que se contrate para a elaboración dos ditos impresos electorais terá tamén que distribuílos en tódalas mesas electorais, gasto que non se tivera en conta nas anteriores eleccións.

2. Representantes da Administración.

Nas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1993, o número de representantes da Administración que se nomearon para atende-las 3.513 mesas foi de 3.188. Polo tanto, se o número de mesas que se estima para os próximos comicios electorais de 1997 é de 3.665 mesas, o número de representantes que se deberían nomear sería de aproximadamente uns 3.320.

O cálculo do presuposto realizouse a partir de considera-lo pagamento máximo de 15.660 ptas. por representante. Esta cantidade obtense de aplicarlles a 13.600 ptas. o índice de prezos ó consumo desde novembro de 1993 ata outubro de 1997, que foi do 15,2%.

3. Apoio ós electores á hora de exerceren o seu dereito ó voto.

Neste apartado recóllese basicamente o custo de transportes de electores ás mesas electorais distantes, en municipios de Galicia con gran espallamento demográfico.

4. Xuntas electorais.

De acordo co Real decreto 421/1991, do 5 abril, modificado polo Real decreto 563/1993, do 16 de abril, polo que se determinan as normas reguladoras dos procesos electorais, as axudas de custo e gratificacións dos membros das xuntas electorais modificaranse na mesma proporción en que sexan actualizadas polo Ministerio de Economía e Facenda as subvencións por gastos electorais ó Congreso dos Deputados e Senado.

Polo tanto, e atendendo ó dito anteriormente, o cálculo do IPC acumulado segue sendo o mesmo, é dicir,

desde novembro de 1993 ata outubro de 1997, que se estima nun 15,2%.

Así pois, as indemnizacións previstas para a Xunta Electoral de Galicia así como as gratificacións e axudas de custo dos membros das catro xuntas electorais provinciais, das vintesete xuntas electorais de zona e mais dos delegados das xuntas electorais de zona para as eleccións de 1997 calculáronse non só aplicando o IPC do 15,2% senón tendo en conta, por unha banda, o incremento de mesas que se estima que se producirá nas eleccións autonómicas de 1997, que pasa de 3.513 nas últimas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1993 a unhas aproximadamente 3.665 mesas, e, por outra banda, as dotacións ás xuntas electorais provinciais e de zona, en concepto de material de escritorio, transporte, alugueiros e comunicacións, gastos tamén afectados polo índice de prezos ó consumo anteriormente citado.

Os ditos gastos xa foron tidos en conta no presuposto de 1993, pero o importe gastado por este concepto nos últimos comicios autonómicos foi moi inferior ó previsto como consecuencia da proximidade no tempo das eleccións a Cortes Xerais de 1993, o que permitiu aproveitar moito dese material. Agora ben, esta circunstancia non se ten en conta para os próximos comicios autonómicos de 1997, polo que será necesario dotar unha cantidade importante dos gastos anteriormente citados.

5. Membros das mesas de votación.

Este epígrafe recolle axudas de custo dos membros das mesas electorais e gastos por desprazamento dos presidentes das mesas ás xuntas electorais.

Así pois, para o cálculo dos gastos por desprazamento dos presidentes das mesas ás xuntas electorais aplicouse, por un lado, o índice de prezos ó consumo desde novembro de 1993 ata outubro de 1997, que se estima que será do 15,2%, e, por outro, terase en conta o incremento no número de mesas electorais con respecto ós pasados comicios autonómicos de 1993.

6. Locais onde se realizarán as votacións.

Estas cantidades refírense á limpeza, adecuación e outros gastos menores dos locais electorais.

7. Gastos de persoal.

Cantidade obtida, por un lado, a partir da actualización do gasto presupostado para as eleccións ó Parlamento de Galicia de 1993 e actualizada segundo o índice de prezos ó consumo acumulado desde novembro de 1993 ata outubro de 1997 e, por outro lado, polo incremento de mesas electorais, que pasa de 3.513 nas últimas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1993 a 3.665 mesas para os comicios autonómicos de 1997.

8. Escrutinio electoral.

A cifra indicada fai referencia ós gastos derivados da contratación de asistencia técnica para a realización de escrutinio, avances de participación, organización

dun centro de proceso de datos, comunicacións e difusión de resultados.

Para o cálculo da cantidade prevista para 1997 aplicouse a inflación desde novembro de 1993 ata outubro de 1997, que se estima nun 15,2%.

9. Campaña institucional de fomento do voto.

Para as eleccións ó Parlamento de Galicia de 1997 preveuse o mesmo importe gastado por este concepto nas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1989.

10. Varios.

A dita reducción xorde como consecuencia de que a empresa que se vaia contratar para a asistencia técnica para a realización de escrutinio, avances de participación, organización dun centro de proceso de datos, comunicacións e difusión de resultados terá tamén que encargarse da organización dos actos da noite electoral, cousa que en anteriores comicios era un gasto adicional.

Eleccións ó Parlamento de Galicia de 1997

ConceptoPresuposto liquidado en 1993Presuposto 1997

1. Dotación de elementos materiais198.008.000257.000.000

2. Representantes da Administración43.560.80052.000.000

3. Apoio ós electores á hora de exerceren o seu dereito ó voto15.500.00020.000.000

4. Xuntas electorais108.072.424153.900.000

5. Membros das mesas de votación90.996.700100.000.000

6. Locais onde se realizarán as votacións14.052.00020.200.000

7. Gastos de persoal20.215.53133.300.000

8. Escrutinio electoral110.000.000127.000.000

9. Campaña institucional de fomento do voto144.013.114160.000.000

10. Varios46.062.61330.000.000

Total790.481.182953.400.000

11. Anticipo ós partidos políticos.

De acordo co artigo 45 da Lei 8/1995, do 13 de agosto, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, de eleccións ó Parlamento de Galicia, a Comunidade Autónoma de Galicia concederalles anticipos de subvencións para gastos electorais ata un 30% das cantidades concedidas en concepto de subvencións electorais ós partidos, coalicións, federacións e agrupacións de electores que obtivesen representación nas últimas eleccións que tiveron lugar ó Parlamento de Galicia de 1993. O importe indicado de anticipos de subvencións está incluído no crédito solicitado, tal como se desprende da desagregación que figura no anexo.

Anticipo de subvencións ós partidos políticos nas eleccións ó Parlamento de Galicia

Partido

político

Escanos

Art. 44.1.a)

Votos

Art. 44.1.b)

Electores

Art. 44.2º

Subtotal

NúmeroCantidadeNúmeroCantidadeNúmeroCantidade

PP4386.000.000763.839 x 7557.287.9252.293.169 x 2045.863.380189.151.305

PSdeG-PSOE1938.000.000346.831 x 7526.012.3252.293.169 x 2045.863.380109.875.705

BNG1326.000.000269.233 x 7520.192.4752.293.169 x 2045.863.38092.055.855

Total391.082.865

Partido político Anticipo 1997
PP56.745.392

PSdeG-PSOE32.962.712

BNG27.616.756

Total anticipos117.324.860

Santiago de Compostela, vintenove de maio de mil novecentos noventa e sete.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente

4519