Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre modificacións e disolución das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SSAATT de Galicia, así como as modificacións e disolucións-cancelacións que se citan.

Modificacións de:

A sociedade agraria de transformación Casa do Pintor SAT nº 646 XUGA, na asemblea xeral do 18-4-1997, cumprindo cos estatutos sociais e demais requisitos legais, elixe nova xunta rectora integrada polos socios: presidente: Marina Varela Rodríguez; secretario: José López López e vocal: Josefa López Racamonde.

A sociedade agraria de transformación Castrillón SAT nº 914 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 22-3-1997, acorda por unanimidade a baixa e alta de socios, sen variación do capital social, así como o nomeamento da nova xunta rectora, integrada por: presidente: Jesús Digón Gómez; secretaria: Gloria Rodríguez López e vocais: Fermín García Gómez e Abel Gónzalez Urbán.

A sociedade agraria de transformación Terneros Lugo SAT nº 624 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria, diante do notario Manuel Ángel Martínez García, en Chantada, o 29-9-1994, asina a compravenda dos resgardos, na participación do capital social, admitindo a alta como socio do comprador Julio Penas Jorge. Así mesmo, noméase nova xunta rectora, que integran: presidente: José Penas Sánchez; secretario: Julio Penas Jorge e tesoureiro: Eligio Penas Sánchez.

A sociedade agraria de transformación San Claudio SAT nº 802 XUGA, na asemblea xeral do 25-3-1997, acorda por unanimidade o seguinte, 1º.-«d) Obxecto social: explotación comunitaria de terras e gando e establecer, un centro primario de refrixerado de leite»; 2º.-Baixa e alta de socios; 3º.-Aumento do capital social nun 1.201.000 ptas. pasando de 8.000 ptas. a un definitivo capital social de 1.209.000 ptas. en 1.209 resgardos de 1.000 ptas. e 4º.-Elección de nova xunta rectora integrada por: presidente: Gonzalo Díaz Penelas; secretario: José Florencio Díaz Domínguez e vocal-tesoureiro: José Ramón Rodríguez Iglesias.

A sociedade agraria de transformación Reverencia SAT nº 3933, na asemblea xeral do 18-3-1997, acorda por unanimidade aproba-las cuestións seguintes, 1º.-Cambio de responsabilidade de ilimitada a limitada fronte a terceiros; 2º.-Admisión de dous socios e cambio do valor do resgardo a 100 ptas. no artigo 2º dos estatutos, prodúcese un aumento do capital social que acorda definitivamente un capital social de 7.141.000 ptas. en 71.400 resgardos de 100 ptas. cada un e 3º.-Elección da nova xunta rectora, integrada por: presidente: Manuel Rodríguez del Río; secretaria: Preciosa Docampo Gándara e vocal: Yolanda Rodríguez Docampo.

Disolución:

Na sociedade agraria de transformación Lamas-Vaamonde SAT nº 4256, na asemblea xeral do 10-3-1997, acordan os seis socios solicita-la disolución nomeando tres socios liquidadores.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

4016