Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/431-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Vigo.

Enderezo social: Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. en estación bombeo praia Saiáns.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea de 450 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio da L.M.T. propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ata o C.T. que se proxecta na praia de Saiáns, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 12/20 kV-398/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no memo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 1 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4058