Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de maio de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00170-O-96 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario, perante o director xeral

de Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e sirva de notificación, ós/ás denunciados/as de descoñecidos domicilios, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 14 de maio de 1997.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-00170-O-96

PO-7109-AP

G.C. Tráfico

Rótulos Rodisa, S.L.

Alcouce Figueirido

Vilaboa

36140 Pontevedra

Circular transportando material eléctrico desde Pontevedra ó Porriño, carecendo da autorizacióna dministrativa de transportes, e carecendo dos distintivos de ámbito de aplicación. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

23-1-1996; 10.20; N-550; 141

Art. 141 B)

en Relac.

142 M) LOTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-00566-O-96

PO-4203-AU

G.C. Tráfico

Ramón García Araújo

O Meixoeiro, 21

36214 Vigo

Pontevedra

Transportar paquetes desde Vigo a Pontevedra, carecendo dos distintivos de radio de acción da tarxeta. Servicio público.

7-3-1996; 10.50; A-9; 137.500

Art. 142 C) LOTT

Art. 199 C) ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

15.000

PO-00764-O-96

PO-4203-AU

G.C. Tráfico

Ramón García Araújo

O Meixoeiro, 21

36214 Vigo

Pontevedra

Realizar un transporte de paquetes levando unha tarxeta de transportes a nome doutro titular (García Araújo, R), sendo o conductor empregado de Atlantic Express, e a mercadoría propiedade da dita empresa. Carece dos distintivos de radio de acción da tarxeta de transportes.

3-4-1996; 11; N-552; 0.100

Art. 142 C) LOTT

Art. 199 C) ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

15.000

4191