Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, para a adquisición de equipamento informático para unha oficina periférica da tarxeta individual sanitaria. (S-199/1997).

1. Obxecto e orzamento: contratación da adquisición de equipamento informático para unha oficina periférica da tarxeta individual sanitaria, por un importe máximo de 7.500.000 ptas. (IVE incluído).

2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de execución: véxase apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4457