Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras do modificado número 1, acondicionamento da estrada AC-432, treito: Vimianzo-Camariñas. (Clave: N/AC/91.14).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, con data do 15 de febreiro de 1996, foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento da estrada AC-432, treito: Vimianzo-Camariñas. Clave: N/AC/91.14.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 29 de febreiro de 1996, declárase urxente para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Por resolución da Dirección Xeral de Estradas da Xunta de Galicia, con data do 19 de maio de 1997, foi aprobado o proxecto do modificado nº 1 das obras de acondicionamento da estrada AC-432, treito: Vimianzo-Camariñas. Clave N/AC/91.14.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Vimianzo, do Concello de Camariñas e na Delegación Provincial da Coruña, para que comparezan no lugar, día e hora que se sinala a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen perxuízo do traslado ó lugar dos predios se se considera necesario.

Lugar: Concello de Vimianzo. O levantamento de actas será no salón da actos do Concello de Vimianzo.

Día: 23 de xullo de 1997, de 11 a 11.30 horas. Expedientes 348-A a 348-B de Vimianzo.

Lugar: Concello de Camariñas. O levantamento de actas será no salón da actos do Concello de Camariñas.

Día: 23 de xullo de 1997, de 12 a 13 horas. Expedientes 654-A a 654-E, e 729-A a 729-L de Camariñas.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente, ou ben representados por persona debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo conta os antecedentes expostos, e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito perante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita en praza de Luis Seoane, s/n 8º, 15071 - A Coruña, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

A Coruña, 3 de xuño de 1997.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas da Coruña

4442