Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.593

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (111/1997).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 111/1997, por instancia de Rosa María Tarrío Doce, contra Emile Gandil e Emile Celine Dusart nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar e Emile Gandil e Emile Celine Dusart co fin de que o día doce de xuño, ás dez trinta horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoo de que, no caso de non verificalo, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito, e que deberá comparecer asistido das probas das que tente valerse.

E para que conste e lles sirva de citación ás denunciadas, expido e asino en Santiago de Compostela o vintenove de abril de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

4463