Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

Marco Antonio García Sangil, licenciado en Dereito e secretario do Concello da Pontenova.

Certifico que o Pleno deste Concello, en sesión ordinaria, celebrada o día 17 de febreiro de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo que, copiado literalmente, di:

«5º Planeamento: aprobación definitiva da modificación puntual nos plans parciais, do sector S-7 e plan parcial parque empresarial. Visto o expediente instruído para a aprobación definitiva da modificación puntual nos plans parciais do sector S-7 e plan parcial do parque empresarial.

Visto que a delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable ó citado expediente.

Vistos os artigos 83 e 128 en relación co 116 e 118 do R.D. lexislativo 1/1992, 138 do Regulamento de planeamento, os artigos 7º, 2º, 11 este en relación co 5 da Lei 7/1995, do 25 de xuño.

O Pleno, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de modificación P nos plans parciais do sector S-7 e parque empresarial, segundo o documento redactado polo enxeñeiro de camiños Mario Iglesias Sánchez en outubro de 1995, e polo que se transfire unha superficie de 2.414,14 m do sector S-7 ó parque empresarial, quedando a organización espacial de ámbolos sectores como a seguir se detalla:

VariableSector S-7Sector PE

Superficie (m)30685,86150360,14

Equipamiento (D/SIPS) 2730 7950

Proporción (D/SIPS)(%) 8,90 5,29

Espacio libre 2460 21400

Proporción EL (%) 8,02 14,24»

Para que conste e en cumprimento do disposto no artigo 8 apartado d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, expido o presente anuncio co visto e prace do alcalde, na Pontenova o trece de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Visto e prace

O alcalde

O secretario

Rubricado

3683