Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de esterilización para os hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira) (SCC - 19/1997). (2 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde - Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67, fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: equipamento de esterilización.

-Orzamento total: corenta e seis millóns seiscentas corenta mil pesetas, IVE incluído (46.640.000 pesetas, IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 7 de xullo de 1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 14 de xullo de 1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 28 de xullo de 1997, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: lote nº 1: 732.000 pesetas.

Lote nº 2: 200.800 pesetas.

Licitando ós dous lotes: 932.800 pesetas.

Definitiva: lote nº 1: 1.464.000 pesetas.

Lote nº 2: 401.600 pesetas.

Licitando ós dous lotes: 1.865.600 pesetas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

13.1. Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 10 puntos.

13.2. Relación características técnicas-prezo equipo: ata 10 puntos.

13.3. Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

13.4. Posibilidade de incorporar no futuro ós equipos melloras tecnolóxicas sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 22 de maio de 1997.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

97-4419