Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras que se citan. (RC-PO-97.7 e tres máis).

a) Obras.

1. Parque de maquinaria e almacén no Concello da Guarda.

Clave: RC-PO-97.7

Orzamento: catorce millóns novecentas setenta e cinco mil seiscentas vinteoito (14.975.628) pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Garantía provisional: non se precisa.

2. Estrada da vía. Treito Dornelas-Torroso. 1ª fase. Mos.

Clave: RC-PO-97.8

Orzamento: cincuenta e dous millóns (52.000.000) pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría b.

Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: non se precisa.

3. Pavimentación de camiños en Arcos da Condesa, Caldas de Reis.

Clave: RC-PO-97.20

Orzamento: dezaseis millóns novecentas setenta e sete mil duascentas sesenta e catro (16.977.264) ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se precisa.

4. Mellora da infraestructura viaria. Concello de Soutomaior.

Clave: RC-PO-97.21

Orzamento: cuarenta e seis millóns (46.000.000) pesetas.

Prazo de execución: 6 meses

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: non se precisa.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, sita na rúa alcalde Hevia, s/n. Teléfono: (986) 80 56 42

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional que se indica no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para presentación de proposicións:

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia s/n, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme ó disposto no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

f) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, s/n, ás dez horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 2 de xuño de 1997.

P.A. (Art. 29, Dec. 240/1986 do 31 de xullo)

Emilio Rasilla Buhigas

Secretario provincial de Pontevedra

4404