Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.528

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (120/1996).

Nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 120/1996, por coaccións, dictouse sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia.-Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 120/1996, seguidos neste xulgado sobre coaccións, nos que son partes a denunciante Felisa Rey García e a denunciada Pilar Paz del Río, -seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito-. Decido que debo absolver e absolvo libremente a Pilar Paz del Río da falta de ameazas pola que foi denunciada, e declaro de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da LAC.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en forma á denunciada Pilar Paz del Río, actualmente en ignorado paradoiro, e a súa publicación no DOG, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, o dezaseis de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

97-4297