Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.526

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a Jesús González Maestro. (Praza 41/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 11 de xuño de 1996 (BOE do 6 de xullo), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a prol de Jesús González Maestro, DNI nº 10.858.588, e cumprindo o interesado os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto,

de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jesús González Maestro, profesor titular de universidade, da área de coñecemento de teoría da literatura, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de maio de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

4283