Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.496

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

GRUPO VOZ

ANUNCIO.

XXXIX Premio Fernández Latorre.

O Grupo Voz anuncia a convocatoria do XXXIX Premio Fernández Latorre, que se rexe polas seguintes bases, e convida as persoas e institucións a participar en calquera das súas modalidades.

1. Premios.

Concederáselle o Premio Fernández Latorre de Prensa Escrita, dotado este ano -no 115 aniversario da fundación de La Voz de Galicia- con 1.115.000 pesetas, ó mellor traballo xornalístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 1 de xullo de 1996 e o 31 de maio de 1997.

Concederáselle o Premio Fernández Latorre de Radio, dotado con 750.000 pesetas, ó mellor traballo emitido por calquera emisora de radio española ou portuguesa entre o 1 de xullo de 1996 e 0 31 de maio de 1997.

concederáselle o Premio Fernández Latorre de Televisión e Medios Audiovisuais, dotado con 750.000 pesetas, ó mellor traballo emitido por calquera canle de televisión entre o 1 de xullo de 1996 e o 31 de maio de 1997, ou ó mellor proxecto multimedia en soporte audiovisual editado entre ámbalas dúas datas.

2. Decisión e entrega.

A decisión farase pública en La Voz de Galicia o 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

As decisións e o fallo do xurado son inapelables.

Os premios entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar o 12 de setembro.

3. Xurado.

O xurado está formado por membros do Grupo Voz e outras persoas relevantes no campo da comunicación e da cultura.

4. Presentación de traballos.

Os traballos deberán enviarse por triplicado a Grupo Voz, r/ Concepción Arenal, 11 e 13, 15006 A Coruña, deica o 5 de xullo de 1997, coa indicación «Premios Fernández Latorre». Os que se emitan por radio ou televisión deberán acreditarse cunha certificación do director da emisora ou centro de televisión e as tres cintas correspondentes.

Os traballos poderán ser presentados polo propio autor ou autores, polo xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso debe acreditarse o consentimento do candidato.

5. Condicións.

A presentación a estes premios supón a conformidade dos participantes coas bases e leva implícita a autorización para a difusión dos traballos premiados a través dos medios propias do Grupo Voz.