Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión do 12 de maio de 1997, aprobouse definitivamente o estudio de detalle da praza Igrexa, rúa 58, rúa Gradín, e acceso da praza Igrexa á praza da Feira, promovido por este concello, segundo proxecto redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, quedando suprimidos os macrobloques que figuraban nel.

A Estrada, 22 de maio de 1997.

O alcalde

Rubricado

3178