Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S, C.T. en r/Río Castro, 33.
Situación: Ferrol.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 195 m con orixe na liña Estadio-río Lérez (expediente 27164) e final en C.T. que se vai instalar en r/ Río Castro, 33. Centro de transformación, tipo interior de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV na rúa mentada. Ferrol.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de maio de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
4087