Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52669).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en r/ Severo Ochoa, 2, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Modificado o proxecto L.M.T. aerosubterráneo a 20 kV de 824 e 103 m de lonxitude en conductor LA-56 e R.H.V. 95 mm Al, que parte da L.M.T. a C.T. Cruxeiras e final no C.T.C. de Póboa de 160 kVA e ensamblaxe da R.B.T. Concellos de Teo e Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 7 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4095