1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamentos.
c) Número de expediente: C-09/97-P.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: substitución de fachadas na Facultade de Económicas.
b) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 146.245.493 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: non.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Información.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina información).
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
6.2. Documentación.
a) Teléfono: (981) 58 89 38.
b) Enderezo: r/ Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela, (A Coruña).
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo C, subgrupos I, categoría C. Grupo C, subgrupo 4, categoría E.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.
e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións, se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: 13.30 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 1997.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
4334