De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do acordo do contrato de obra de clave: RC-AC-93.2 na estrada LC-153, ramal da N-VI a Irixoa, p.k. 29,444/33,545 adxudicada á empresa Construcciones y Obras, Garea, S.L. que na súa parte dispositiva di:
Acordo a resolución do contrato de obra de clave: RC-AC-93.2, por incumprimentos dos prazos por causa imputable ó contratista, con incautación da fianza e sen que proceda indemnización ningunha por danos e prexuízos causados á Administración.
Así mesmo, e como consecuencia do acordado, deberán practicarse as medicións e toma de datos necesarias para a liquidación do contrato no prazo de 15 días desde a notificación do presente acordo.
Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
4336