Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/71-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pena-Lago.

Situación: Valdoviño.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 15 m con orixe na liña Freixeiro-Paraíso (expediente 8167) e final no C.T. que se vai instalar en Pena-Lago. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Pena-Lago. Valdoviño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4071