Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 44/1997 RCI 18236).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Maderas Raña, S.L., con domicilio social na r/ Coruña, 23, no concello de Ordes (A Coruña), para a autorización administrativa

da instalación que se executa na empresa situada no anterior enderezo.

Planta de coxeración grupo «d» composta polos seguinte elementos:

-Motor combustión interna, de gasóleo, cunha potencia mecánica de 1005 kW.

-Xerador cunha potencia de 965 kVA, tensión de xeración 6 kV.

-Transformador de 1300 kVA, con relación 20/6 kV.

-Transformador de 100 kVA para servicios auxiliares con relación 20 kV/380 V.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coa compañía eléctrica distribuidora.

Orzamento: 83.393.596 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 19 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4081