Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da pintura para a provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector da pintura para a provincia da Coruña, que tivo entra

da nesta delegación provincial o día 25-4-1997, subscrito en representación da parte económica por APECCO, e da parte social por CC.OO. UGT e CIG o día 24-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relaciones Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de abril de 1997.

Convenio colectivo da pintura para a provincia da Coruña

Sección primeira

Extensión e vixencia

Artigo 1º.-Extensión.

O presente convenio é de aplicación a tódalas empresas de pintura, suxeitas ás que lles era aplicable a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica do 28 de agosto de 1970.

Aplicaráselle a tódolos centros de traballo da provincia da Coruña, calquera que sexa o domicilio social das empresas a que pertenza.

Afecta o presente convenio a tódolos traballadores ó servicio das empresas anteriormente expresadas.

Artigo 2º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa publicación mais os seus efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 1997 e a súa vixencia será desde o 1 de xaneiro de 1977 ata o 31 de decembro de 1977.

Sección segunda

Prórroga.

Artigo 3º

O convenio colectivo quedará prorrogado tacitamente ó seu vencemento por sucesivos períodos dunha anualidade, a non ser que se denuncie para a súa revisión ou rescisión cun mínimo dun mes antes do seu vencemento ou dalgunha das súas prórrogas. A denuncia deberase efectuar mediante comunicación escrita á outra parte, contándose o prazo dela desde a data de recepción da dita comunicación.

En caso de prórroga por falta de denuncia os conceptos económicos incrementaranse nunha contía igual ó IPC habido no ano inmediato anterior.

Artigo 4º.-Respecto de dereito.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto das materias obxecto de regulación.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación persoal as melloras establecidas no convenio e aínda amplialas, as empresas que veñan aboando salarios superiores ós regulamentariamente esixidos non estarán obrigados a aplica-las elevacións que polas presentes estipulacións se fixan máis que na medida necesaria para suplir diferencias.

Así mesmo, as melloras establecidas no convenio serán compensables ou absorbibles por calquera elevación salarial que por disposición legal se puidese establecer.

Artigo 6º.-Garantía persoal e condición mínima.

Serán respectadas as condicións superiores pactadas con anterioridade a este convenio ou que se pacten durante a súa vixencia con persoas ou grupo de persoas, polas empresas afectadas por el, sempre que no seu conxunto ou cómputo anual superen as establecidas por este convenio, debido á condición que ten de normas mínimas de relación, tanto no que se refire ó social como ó económico.

Artigo 7º.-Normas complementarias.

No que non estea previsto neste convenio aplicarase o que dispón a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica e demais disposicións vixentes.

Sección terceira

Comisión mixta de interpretación

Artigo 8º

Constitúese unha comisión mixta de interpretación do presente convenio, presidida pola persoa que a mesma comisión designe na primeira reunión que se celebre.

Quedará constituída por tres representantes dos traballadores e tres das empresas, que serán designados polas centrais sindicais e a Asociación Provincial de Empresarios de entre os titulares e suplentes que fosen nomeados para formaren parte da comisión deliberadora.

Os acordos desta comisión requirirán a conformidade da metade máis un do número de compoñentes.

Ás reunións da comisión mixta poderán asistir con voz os asesores das respectivas representacións.

A comisión mixta entenderá nas cuestións que se deriven da aplicación do convenio e as obrigas conforme a paz laboral.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 9º.-Incremento salarial para 1997.

O incremento salarial para 1997 aquí pactado é dun 3,5%, calculándose este sobre as táboas salariais vixentes o 31 de decembro de 1996, excepto antigüidade. Resultando:

AdministrativosPtas./mes

Xefe de 1ª e peritos141.990

Oficial de 1ª110.388

Oficial de 2ª101.297

Auxiliar90.957

Auxiliar axudante70.335

OperariosPtas. día

Oficial de 1ª (salario)2.701

Oficial de 2ª (salario)2.647

Axudante2.603

Peón (salario)2.509

As empresas que pagasen as cantidades de conformidade coas táboas indicadas quedarán exentas do seu aboamento.

Cláusula de garantía salarial para 1997.

No suposto de que o incremento anual do índice de prezos de consumo (IPC) o 31 de decembro de 1997 supere o tres por cento (3%), efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, excepto antigüidade, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

Artigo 10º.-Prima de asistencia e puntualidade.

Establécese unha prima de asistencia e puntualidade por día efectivo de traballo para o período do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997 de 647 pesetas para os axudantes e peóns e de 820 pesetas para os oficiais de 1ª e 2ª.

Este plus de asistencia e puntualidade perderase nas circunstancias e contías seguintes:

a) A primeira falta sen xustificación será penalizada coa perda de tres días de prima, ademais do salario correspondente ó día da falta.

b) A segunda falta será penalizada coa perda de dez días de prima, ademais do salario correspondente ó día da falta.

c) Cada nova falta será penalizada coa perda da prima correspondente a tódolos días traballados no mes, ademais do salario ou salarios da nova ou novas faltas.

d) As faltas computaranse sempre por cada mes natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade na empresa será retribuída a razón de dous bienios e tres quinquenios, por día natural, segundo a seguinte táboa:

Oficiais de 1ª e 2ª: bienio, 28 pesetas.

Oficiais de 1ª e 2ª: quinquenio, 56 pesetas.

Axudantes e peóns: bienio, 27 pesetas.

Axudantes e peóns: quinquenio, 54 pesetas.

Artigo 12º.-Plus de altura.

Todo persoal que realice traballos en andamios voantes percibirá unha gratificación de 248 pesetas por día ou fracción para o período do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997. En andamios de tubos percibirase esta gratificación a partir dos sete metros de altura.

Artigo 13º.-Axudas de custo e desprazamentos.

O persoal que realice traballos fóra da súa localidade ou residencia e teña necesidade de pasa-la noite no lugar de traballo percibirá unha axuda de custos de 1.977 pesetas diarias, ademais de 181 pesetas mensuais para lavado de roupa, para o período do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997.

O persoal que se encontre traballando fóra da súa localidade ou residencia e non teña necesidade de pasa-la noite no lugar de traballo percibirá unha media axuda de custos de 661 pesetas diarias para o período do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997.

O persoal que se encontre traballando fóra do termo municipal a menor distancia de 10 km percibirá unha saída de 329 pesetas diarias para o período do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997.

Artigo 14º.-Xornada laboral.

A xornada semanal será de 40 horas distribuídas de luns a venres, ambos incluídos, e a nómina aboarase mensualmente. Para efectos do cómputo anual de horas confeccionarase un cadro horario pola comisión paritaria. Total de horas anuais, 1.784.

Consideraranse festivos os días 24 de xullo, 14 de agosto, 6 de outubro e 24, 26 e 31 de decembro, soamente para o presente ano de 1997. Cando un festivo local coincida con algún festivo de convenio, este último pasará ó seguinte día laboral. Así mesmo, cando coincida cun sábado.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A todo o persoal afectado por este convenio seralle facilitada polas súas respectivas empresas unha funda de traballo de primeira calidade cada ano. En caso de traballo que o requira, entregarase outra máis.

Artigo 16º.-Licencias con soldo.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito a permisos e percibirán o importe do salario diario, antigüidade e plus de asistencia nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador: quince días naturais retribuídos.

b) Falecemento: en caso de falecemento de esposa, pais, pais políticos, fillos e irmáns, será sempre de cinco días para tódolos traballadores. En caso de falecemento de tíos ou tías, será de dous días.

c) Parto de esposa: será sempre de cinco días.

Artigo 17º.-Complemento plus de transporte.

Estipúlase a seguinte retribución económica en concepto de plus de transporte para tódalas categorías de 764 pesetas por día efectivo de traballo para o período do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997.

Artigo 18º.-Vacacións.

Será de trinta días naturais e percibiranse durante elas o salario diario, antigüidade e plus de asistencia correspondente ós días que, se estivese traballando, percibiría o traballador.

Artigo 19º.-Pagas de Nadal e verán.

Serán de trinta días cada unha e aboaranse o salario diario do convenio e antigüidade. A paga de verán cobrarase no mes de xullo e a de Nadal antes do 24 de decembro.

Artigo 20º.-Paga de beneficios.

Consistirá no 6 por 100 do salario diario do convenio, máis antigüidade e as dúas pagas extraordinarias.

Artigo 21º.-Rendementos.

Establécese a seguinte táboa de rendementos mínimos:

Metros

Témpera lisa primeira man180

Témpera lisa segunda man200

Pintura ó óleo 1ª man80

Pintura ó óleo 2ª man60

Pintura ó óleo acabamento90

Esmalte en paredes acabamento rolo80

Pintura plástica en paredes, 1ª man160

Pintura plástica en paredes, 2ª man180

Aparellado e tapado130

Témpera picada a rolo110

Témpera picada a cepillo60

Plástico picado a rolo100

Unidades

Portas imprimadas25

Portas emplastecidas e lixadas18

Portas pintadas 1ª man18

Portas esmaltadas15

Ventás de guillotina imprimadas (sen marco)60

Ventás pintadas 1ª man (interior)18

Ventás pintadas 2ª man22

Pintado oco interior guillotina (vernizado)30

Pintado oco interior guillotina (vernizado) 2ª mano35

Portas vernizadas 1ª man32

Lixado e plastecido cravos40

Portas 2ª man verniz32

Portas 3ª man verniz30

Estes rendementos enténdense en cada xornada de oito horas.

Artigo 22º.-Cláusula de revisión.

Esta cláusula queda especificada no artigo 9 por formar parte das condicións económicas.

Comisión paritaria

Artigo 23º

Constitúese unha comisión paritaria para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixencia do convenio.

Comporase de seis vocais, tres deles representantes dos traballadores e tres dos empresarios, ambos pertencentes á comisión deliberadora do convenio.

Para a adopción de acordos será necesaria a conformidade de catro vocais, polo menos, en igualdade paritaria.

A comisión paritaria quedará constituída do seguinte xeito:

-Representación empresarial: César Prado Maceiras, Juan Afonso Moraes Rey e Ángel Brey Castro.

-Representación dos traballadores: Santiago Huertas Pozurama, de CC.OO.; Ezequiel Cancela Martínez, da CIG e Jesús Calvo Romero, de UGT.

Disposicións adicionais

Primeira.-As retribucións e táboas de rendemento incluídas neste convenio forman parte inseparable del e terán forza de obrigar en cada actividade.

Segunda.-O salario mínimo interprofesional non modificará o contido do presente convenio nin a contía das retribucións salariais pactadas nel, sempre e cando se lles garantan ós traballadores uns ingresos superiores en cómputo anual ós mínimos fixados por disposicións legais.

Terceira.-Complemento de hospitalización.

No caso de accidente laboral ocorrido no centro de traballo e no horario de traballo e que dea lugar a hospitalización, a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias por incapacidade temporal garanta o cento por cento do salario real e durante un período máximo de seis meses, salvo que finalice antes o contrato de traballo ou a obra.

Cuarta.-As empresas están obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de dous meses, unha vez homologado o presente convenio, unha póliza de seguros para a cobertura dos riscos de falecemento e invalidez permanente absoluta ou gran invalidez, nos termos que seguidamente se dirán, dos seus traballadores por accidentes de traballo, incluídos os accidentes in itinere, que lle garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa no caso de falecemento ou invalidez permanente producido por causa fortuíta espontánea exterior e independente da vontade do traballador, o percibo da indemnización seguinte:

Dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000 ptas.) en caso de falecemento do traballador por accidente de traballo.

Catro millóns de pesetas (4.000.000 ptas.) en caso de invalidez permanente absoluta ou gran invalidez.

Esta compensación é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou Montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, a indemnización que sexa percibida con cargo ó contrato de seguro de accidentes que voluntariamente se contén neste convenio, considerarase como entrega a conta da indemnización que, se ó o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aquela alcance.

Quinta.-Contratación.

1. Contratación.

O ingreso ó traballo poderase realizar de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores e disposicións complementarias.

2. Contrato fixo do cadro de persoal.

Este contrato é o que concertan un empresario e un traballador para a súa prestación laboral na empresa por tempo indefinido. Esta será a modalidade normal de contratación que realizarán empresarios e traballadores en tódolos centros de trabajo de carácter permanente.

3. Contrato para traballo fixo por obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

a) Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración, e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberase producir cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratos para a súa execución, debéndose reducir este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría deberáselle comunicar por escrito ó traballador cunha anticipación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este preaviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de preaviso omitidos calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo isto sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberase incluír no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

b) Non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros

de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior; cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo do cadro de persoal. En canto ó preaviso do cesamento, observarase o pactado no suposto a).

c) Se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto a). A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contando desde a notificación.

O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderase incluír no regulado para o suposto b).

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos a), b) e c) establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

Os traballadores que formalicen contratos temporais ou de duración determinada ou os que teñen por obxecto a realización dunha obra ou traballos determinados e nos contratos oficiais dos cales non se prevexan indemnizacións terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente, a percibir unha indemnización por cesamento do 4,5% calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

Sexta.-Xubilación especial ós 64 anos.

De conformidade co Real decreto 14/1981, dictado en desenvolvemento do ANE e para o caso de que os traballadores con 64 anos cumpridos desexen acollerse á xubilación co cento por cento dos dereitos, as empresas afectadas por este convenio obríganse a substituír cada traballador xubilado ó amparo do citado real decreto por outro traballador perceptor do seguro de desemprego ou xove demandante do primeiro emprego, mediante un contrato de igual natureza có extinguido.

Será necesario previamente á iniciación de calquera trámite o acordo entre a empresa e o traballador para poderse acoller ó antes estipulado.

Sétima.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas por este convenio cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal garantirán que os traballadores postos ó seu dispor teñan os mesmos dereitos sociais, laborais e retributivos que lles corresponden ós seus traballadores en aplicación do convenio colectivo provincial de pinturas. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta a disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente convenio.

Oitava.-Acórdase igualmente que para o ano 1998 se considerarán festivos de convenio o 5 de xaneiro e o luns de entroido ou martes de entroido para as localidades en que este día non sexa festivo, á conta dos festivos que por adaptación de xornada e polo próximo convenio sexan establecidos.

Salarios: cómputo anual

Período do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997

Persoal administrativoPesetas ano

Xefe 1ª e peritos2.278.223 ptas.

Oficial de 1ª1.809.254 ptas.

Oficial de 2ª1.674.352 ptas.

Auxiliar1.520.897 ptas.

Auxiliar axudante1.214.877 ptas

Persoal obrero

Oficial 1ª1.588.887 ptas.

Oficial 2ª1.564.641 ptas.

Axudante1.502.245 ptas.

Peóns1.459.815 ptas.

3622