O 15 de maio de 1997, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000826/1997, interposto por Jesús Novas Fernández, contra acordo do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 7-4-1997, sobre denegación de indemnización de gastos de viaxe e mantemento por asistencia a curso de especialización en educación física.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencio
so-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
97-4251