Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Advertido erro na cláusula 23ª do prego único de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto, para a contratación da xestión do servicio público de abastecemento de auga potable, mantemento da rede de saneamento (rede de sumidoiros) e depuración de augas residuais, na modalidade de concesión administrativa, que se publicou no BOP de Pontevedra, do 13 de maio de 1997 e do DOG do 16 de maio de 1997, onde se especifica que a clasificación empresarial esixida é o grupo III, subgrupos 5 e 7, categoría C, faise saber que, de conformidade co disposto na Orde do 24 de novembro de 1982 (Facenda) pola que se dictan normas para a clasificación das empresas consultoras e de servicios, queda fixada a devandita clasificación na forma seguinte: grupo III, subgrupos 5 e 8, categoría C, rectificación de erro que se fai de acordo co artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e exponse polo prazo de 8 días naturais para

reclamacións.

Poio, 22 de maio de 1997.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

4200