Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación polo Servicio Galego de Saúde dunha asistencia externa para a administración de sistemas (S-197/1997).

Obxecto e orzamento: asistencia externa para a administración de sistemas, por un importe máximo de 8.750.000 ptas. (IVE incluído).

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2 - 2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/ Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro), a partir das 9.30 horas do undécimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4267