Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de protección de animais 002PR/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 1/1993, do 13 de abril, protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación; poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias desta consellería, segundo o previsto no artigo 24º apartado 2.b) da mesma lei.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta

notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- e para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 13 de maio de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 002PR/97.

Denunciado: Vila Requeijo, Mercedes.

DNI: 32.429.253.

Último enderezo coñecido: Montes, nº 26-1º D, 15009 A Coruña.

Feito denunciado: posuír un can se estar en boas condicións hixiénico sanitarias, e sen estar vacinado, non posuíndo cartilla sanitaria.

Tipificación infracción protección animais domésticas e salvaxes en catividade: 20.D e 21.H. Grao: grave.

Sanción proposta: 50.001.

4184