Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4726 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 e outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Maderas Seivane-Santo Adrao (Lourenzá).

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en industria de madeira.

Localización: Santo Adrao-Lourenzá.

Características: anteproxecto da central coxeración, motor-xerador: 1.005 kW-965 kVA; combustible gasóleo C; C.T. 1.300 kVA, 20/0,380 kV.

Orzamento: 80.180.150 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións consideren oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-4113