Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. Ventorrillo (edificio Dourado).
Situación: Malpica de Bergantiños.
Características técnicas: derivada de liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 5 m con orixe na liña Vista-Escorial. (Expediente 52748) e final no C.T. que se vai instalar. Centro de transformación en edificio Dourado, de 250 kVA e tensións 15/20/0,380-0,220 kV en r/ Ventorrillo. Malpica de Bergantiños.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 5 de maio de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
4060