Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada, de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e do Decreto

302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Melide e Vilouriz: V-3256; XG-362, da titularidade da empresa Autos Puntero, S.L.

Para a substitución da citada concesión terase en conta este proxecto e non o sometido a información pública no Diario Oficial de Galicia nº 234, do 29 de novembro de 1996.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

4206