Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do extravío do resgardo de depósito provisional en metálico, 765/1995, de data 23 de maio de 1995, que garante a Sainfo, S.L., para os efectos da expedición dun duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito provisional en metálico, con data do 23 de maio de 1995, co número de rexistro 765/1993, polo importe de pesetas 202.400, que garante a Sainfo, S.L., formúlase requirimento oficial e público a aquela per

soa ou entidade en poder da cal poida atoparse, para que o presente, sen máis demora, nesta Subdirección Xeral do Tesouro, de tal xeito que, se transcorrido o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación do presente anuncio non se presentase, se procederá sen máis trámite á extensión dun duplicado ó seu lexítimo propietario ou o seu representante formal e suficientemente acreditado, declarándose, nese mesmo acto, a anulación do exemplar orixinal extraviado, o cal non terá valor ningún nin poderá producir efecto ningún diante da Administración nin de terceiros.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1997.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro

4048