Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de maio de 1997 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo para o ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 11 de marzo de 1996.

Pola Orde do 19 de setembro de 1996 nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 11 de marzo de 1996 (DOG do 19 de marzo).

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 11 de marzo de 1996 (DOG do 19 de marzo) os opositores que figuran no anexo da Orde do 19 de setembro de 1996.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

3902