Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.346

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se adxudican as axudas para equipamento e infraestructura de investigación e bibliotecaria convocadas no anexo II da Orde do 16 de decembro de 1996 (DOG do 30 de decembro).

A Orde do 16 de decembro de 1996 (DOG do 30 de decembro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral do coñecemento prevé, no seu anexo II, a concesión de axudas para equi

pamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30 de xaneiro de 1997 (DOG do 13 de febreiro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria ós solicitantes que se citan no anexo á presente resolución, na contía que se sinala.

Segundo.-De conformidade coa base 5.1º da convocatoria, os beneficiarios destas axudas deberán presentar, antes do 7 de novembro de 1997, factura acreditativa da adquisición do material financiado. A inobservancia deste ou de calquera outro dos requisitos establecidos na orde de convocatoria, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas no anexo da presente resolución e que foron admitidas para participar neste concurso, debe entenderse que quedan denegadas por non ter acadado, no proceso de selección, a orde de prioridade imposto polas dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1997.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

ANEXO

BeneficiarioMaterialSubvención en

miles de ptas.

Centro de Supercomputación de Galicia.Ordenador paralelo masivo22.500

Universidade da CoruñaDifractómetro de raios X de monocristal. Aparello automático para tomar mostras para espectrómetro de RMN. Accesorio para análise de matrices orgánicas no espectrómetro de masas con fronte de plasma ensamblado.60.000

Universidade de Santiago de Compostela.Espectrofotómetro de resonancia de Spín electrónico. Magnetosusceptómetro. Espectómetro de masas de alta resolución.60.000

BeneficiarioMaterialSubvención en

miles de ptas.

Universidade de Vigo.Espectómetro de RMN. Sistema de análise de imaxe de microscopía confocal. Analizador automático de viños.60.000

Universidade da Coruña.Material bibliográfico.59.300

Universidade de Santiago de Compostela.Material bibliográfico.57.900

Universidade de Vigo.Material bibliográfico.53.800

Servicio Galego de Saúde.Material bibliográfico.9.350

Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.Material bibliográfico.2.870

Instituto Teolóxico Compostelán.Material bibliográfico.12.640

Delegación en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.Material bibliográfico.7.120

Acea Escrich, María José.

Inst. de Inves. Mariñas-Vigo CSIC.

Sistema analizador de microplacas automatizado.5.175

Acinas García, Juan Román.

ETS de Enx. de Camiños, Canles e Portos.

Univ. da Coruña.

Canle de xeración de ondas.13.140

Carballeira Ocaña, Luis.

Fac. Ciencias-Dep. Q. Física e Q. Orgánica.

Univ. Vigo.

Equipo gráfico 3D de alta resolución.9.900

Casteleiro Maldonado, Manuel.

ETS de Enx. de Camiños, Canles e Portos.

Univ. da Coruña.

Servidor central para cálculo, deseño avanzado e terminais para procesamento gráfico.5.000

Cerdán Villanueva, Mª Esperanza.

Fac. Ciencias-Dep. B. Celular e Molecular.

Univ. da Coruña.

Sistema de disección de ascas e selección de mutantes en condicións estériles.5.000

Concheiro Nine, Ángel.

Fac. Farmacia-Dep. Farmacia e T. Farmacéutica.

Univ. Santiago de Compostela.

Equipo reométrico de esforzo controlado para caracterización de materiais líquidos e semisólidos.6.880

Cordero Rego, Luis Ángel.

Instituto Univ. de Matemáticas.

Univ. Santiago de Compostela.

Servidor de cálculo. Impresora láser color. Software científico.8.000

Cremades Ugarte, Javier.

Fac. Ciencias-Dep. B. Animal, B. Vexetal e Ecoloxía.

Univ. da Coruña.

Sistema de información xeográfica e teledetección.6.500

Cruces Prado, Manuel José.

Dpt. Dermatoloxía.

C.H. Provincial de Pontevedra-Reboullón.

Fotomicroscopio.9.450

Doallo Biempica, Ramón.

Fac. Informática-Dep. Electrónica e Sistemas.

Univ. da Coruña.

Servidor de computación e aplicacións para soporte de rede de ordenadores.7.650

Fernández Fernández, Dolores E.

Fac. Ciencias-Dep. Quím. Analítica.

Univ. da Coruña.

Equipo de electroforese. Electrocromatografía capilar.7.000

Fernández Reiriz, Josefa Mª.

Inst. de Inves. Mariñas-Vigo CSIC.

Sistema de centrífuga en fluxo continuo.6.075

Figueras Huerta, Antonio.

Inst. de Inves. Mariñas-Vigo CSIC.

Secuenciador automático.5.000

García Alonso, Leopoldo.

Hospital Teresa Herrera.

C.H. Juan Canalejo.

Aparello para monitorización continua da contaminación: electromagnética, lumínica; particular e bacteriolóxica en hospitais.8.000

BeneficiarioMaterialSubvención en

miles de ptas.

García Estévez, José Manuel.

Fac. Ciencias-Dep. B. Funcional e Ciencias da Saúde.

Univ. de Vigo.

Aparello de electrofórese e electrocromatografía capilar.6.000

Gil Longo, José.

Fac. de Farmacia-Dep. Farmacol.

Univ. Santiago de Compostela.

Aparello integrado e informatizado de baño de órganos.7.500

Granja Guillán, Juan Ramón.

Fac. Química-Dep. Q. Orgánica.

Univ. Santiago de Compostela.

Equipo de dicroísmo circular con baño recirculador refrixerado.12.150

Guisande González, Cástor.

Fac. Ciencias-Dep. Ecoloxía e B. Animal.

Univ. Vigo.

Bomba para análise en gradiente, inxector automático, detector UV/VIS por Array de Diodos, detector espectrofluorimétrico, índice de refracción e software en contorno Windows.7.620

Guitián Rivera, Enrique.

Fac. Química-Dep. Q. Orgánica

Univ. Santiago de Compostela.

Sistema de cromatografía líquida de alta eficacia (HPLC).8.000

Hernández Ibáñez, Santiago.

ETS de Enx. de Camiños, Canles e Portos.

Univ. da Coruña.

Sistema de simulación en contorno de realidade virtual para enxeñería e urbanismo.13.450

Jiménez Cuesta, Eulogio.

Fac. Ciencias-Dep. Física.

Univ. da Coruña.

Tensiómetro.5.500

Labella Caballero, Torcuato.

Hospital de Conxo-Dep. Cirurxía-Otorrinolaringoloxía.

Posturógrafo dinámico.9.580

Lamas Castro, José Antonio.

Fac. Ciencias-Dep. B. Funcional e Ciencias da Saúde.

Univ. de Vigo.

Equipo de patch-clamp para o rexistro de potenciais e correntes iónicas en membranas celulares.10.500

Lastra Valdor, Mariano.

Fac. Ciencias-Dep. Ecoloxía e B. Animal.

Univ. de Vigo.

Analizador de partículas.6.300

López Quintela, M. Arturo.

Fac. Química-Dep. Q. Física.

Univ. Santiago de Compostela.

Sistema de análise térmico DS/TGA.5.610

Martínez Ubeira, Florencio C.

Fac. Farmacia-Dep. Microbioloxía e Parasitoloxía.

Univ. Santiago de Compostela.

Estación de traballo robotizada para laboratorio.10.800

Merino Gómez, Pedro.

ETS de Enxeñeiros Indus. Dep. E. dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcc.

Univ. Vigo.

Sistema de microanálise por dispersión de enerxías de raios X EDX.12.500

Mora Bermúdez, José.

Fac. Bioloxía-Dep. B. Animal.

Univ. Santiago de Compostela.

Sistema de adquisición, dixitalización, morfometría e impresión de imaxes en cor.5.500

Moreno de las Cuevas, Vicente.

Fac. Física-Dep. F. Aplicada.

Univ. Santiago de Compostela.

Sistema de manoposicionamento de dous eixes, de moi alta precisión, controlado por ordenador.5.200

Navarro Fdez.-Balbuena, Carmen.

Servicio de Anatomía Patolóxica.

Hospital do Meixoeiro-Vigo.

Ultramicrotomo.8.500

Núñez Regueira, Lisardo.

Fac. Física-Dep. F. Aplicada.

Univ. Santiago de Compostela.

Controlador análise térmica.5.000

BeneficiarioMaterialSubvención en

miles de ptas.

Ordás Pérez, Amando.

Misión Biolóxica de Galicia.

Dep. Mellora Vexetal CSIC.

Invernadoiro de cristal.6.500

Pajares Vales, Carlos.

Fac. Física-Dep. F. de Partículas.

Univ. Santiago de Compostela.

Estación de traballo.7.180

Pereira Lorenzo, Santiago.

EPS-Dep. Prod. Vexetal.

Univ. Santiago de Compostela.

Sistema automático de medición do potencial de solutos mediante o método sicrométrico.6.000

Quiñoá Cabana, Emilio.

Fac. Química-Dep. Q. Orgánica.

Univ. Santiago de Compostela.

Equipo de cromatografía líquida-espectrometría de masas.13.500

Ríos Fernández, Miguel A.

Fac. Química-Dep. Q. Física.

Univ. Santiago de Compostela.

Actualizador de servidor.7.525

Samper Calvete, F. Javier.

ETS de Enx. de Camiños, Canles e Portos.

Univ. da Coruña.

Equipo de ensaios hidráulicos.9.900

Sanromán Braga, M. Ángeles.

Fac. Ciencias-Dep. E. Química.

Univ. de Vigo.

Fermentador de laboratorio.6.000

Urgorri Carrasco, Victoriano.

Fac. Bioloxía-Dep. B. Animal.

Univ. Santiago de Compostela.

Módulo de reconstrucción en 3 dimensións.8.950

Varela Patiño, Mª Purificación.

Fac. Medicina e Odontoloxía. Dep. Cirurxía.

Univ. Santiago de Compostela.

Aparello de tracción e presión.6.000

Vázquez Tato, José.

Fac. Ciencias-Lugo. Dep. Q. Física.

Univ. Santiago de Compostela.

Espectrofluorímetro.12.600

Vega Hidalgo, José Antonio.

C. de Investigacións Forestais de Lourizán-Dep. Incendios e Protección Medioambiental. Consellería de Agricultura.

Cámara portátil de termografía.6.800

Vidal Costa, Félix.

Fac. Física-Dep. F. da Materia Condensada.

Univ. Santiago de Compostela.

Sistema metalizador-microsoldador.12.000

Zarra Cameselle, Ignacio.

Fac. Bioloxía-Dep. Biol. Vexetal.

Univ. Santiago de Compostela.

Supercentrífuga refrixerada5.000

4220