Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRABADA

ANUNCIO de apertura do prazo para a presentación de solicitudes para xuíz de paz titular e substituto de Trabada.

Poderán presentar solicitudes para a provisión de postos de xuíz de paz titular e substituto, de conformidade co disposto no artigo 102 da Lei orgánica do poder xudicial, as persoas que reúnan os requisitos esixidos no artigo 302 da citada lei (ser español e maior de idade), coas limitacións que se establecen no artigo 303 como causa de incapacidade.

Á solicitude, que será facilitada nas oficinas municipais, unirase a seguinte documentación:

1. Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

2. Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1.a).

3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

A solicitude e documentación mencionada deberá ser presentada nas oficinas municipais dentro do prazo de quince días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Trabada, 16 de abril de 1997.

José Manuel Yanes Ginzo

Alcalde

2968