Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adquisición de dializadores (expediente 4/1997); adquisicións de material para a unidade de diálise (expediente 5/1997); adquisición de luvas (expediente 6/1997); adquisición de roupa dun só uso (expediente 7/1997); e adquisición de equipos de soro e chaves (expediente 8/1997) para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

-Expediente 4/97:

1. Obxecto: adquisición de dializadores para hemodiálise.

2. Orzamento: 26.415.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 5/97:

1. Obxecto: adquisición de material para a unidade de diálise.

2. Orzamento: 17.530.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 6/97:

1. Obxecto: adquisición de luvas.

2. Orzamento: 16.463.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 7/97:

1. Obxecto: adquisición de roupa dun só uso.

2. Orzamento: 23.025.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 8/97:

1. Obxecto: adquisición de equipos de soro e chaves.

2. Orzamento: 22.833.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por producto.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas ás que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

A) 1. Calidade: ata 4 puntos.

2. Funcionalidade/manexo: ata 4 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 1 punto.

4. Servicio: ata 2 puntos.

5. Grao de implantación: ata 2 puntos.

B) Prezo: ata 10 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio dos presentes concursos públicos será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 9 de maio de 1997.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

3960