Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores y Comercializadores de Mejillón (Asprocom).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores y Comercializadores de Mejillón (Asprocom) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas individuais ou xurídicas que se dediquen á producción, extracción e comercialización de mexillón.

Asinan a acta: Carlos González Faílde, en representación de Industrial Depuradora de Moluscos de Melojo, S.A. e 15 persoas máis en nome e representación doutras persoas físicas e xurídicas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4143