Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Barra.

O artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince

días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter á información pública, no prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Barra, sito no concello de Coles (Ourense), e promovido por Enerxía dos Recursos Enerxéticos, S.L.

Segundo.-Para os ditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) de Ourense.

-Concello de Coles.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez finalizado o mencionado prazo, remitirase expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

3991