Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997 pola que se convocan unhas xornadas de estudio sobre o exercicio de interdictos contra actuación das administracións públicas.

A Escola Galega de Administración Pública organiza unhas xornadas de estudio sobre o exercicio de interdictos contra actuacións das administracións públicas, conforme ás seguintes bases:

1. Obxectivos.

Reflexionar e debater sobre as cuestións relacionadas co exercicio das accións interdictais contra actuacións da administración e os efectos que derivan desta situación.

2. Contido.

Trataranse, ademais doutros, estes temas:

-O fenómeno posesorio na Lei civil.

-A defensa da posesión.

-A vía de feito e o exercicio de interdictos posesorios.

-O interdicto da obra ruinosa e a declaración de ruína.

-O interdicto de obra nova.

-O interdicto de reter e recobrar e a Administración.

-Posesión e precario.

-A problemática da posesión mobiliaria.

3. Destinatarios.

Funcionarios da Administración de xustiza e da Administración estatal, autonómica e local; profesionais do dereito, docentes universitarios, xuristas e interesados en xeral.

4. Lugar e datas.

As xornadas convocadas terán lugar os días 10, 11, 12 e 13 de xuño no salón de actos do edificio de xulgados de Vigo, r/ Lalín, nº 4, Vigo.

A dita actividade, que se desenvolverá polas tardes, abrirase o martes, día 10 de xuño, e rematará o venres día 13 de xuño.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o venres, día 6 de xuño de 1997.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela). Tfno. 54 60 40. Telefax 54 63 37.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, a partir do día 6 de xuño, por teléfono, de 10.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 54 62 39.

6. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

97-4180