Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.257

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Moyresa, Molturación y Refino, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Moyresa, Molturación y Refino, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-4-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa

o día 4-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de abril de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa

Moyresa, Molturación y Refino, S.A.

(Centro de traballo do Burgo-Culleredo

e estación marítima do porto da Coruña)

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Territorial.

As disposicións deste convenio colectivo serán de aplicación nos centros de traballo que Moyresa Molturación y Refino, S.A. (antes Cereol Ibérica, S.A.) ten no Burgo-Culleredo (A Coruña) e na estación marítima do porto da Coruña.

Persoal.

As normas do presente convenio serán de aplicación a todo o persoal de Moyresa Molturación y Refino, S.A., fixos e eventuais, calquera que sexa a súa modalidade de contratación, que preste os seus servicios nos centros de traballo determinados anteriormente e coas categorías que se relacionan no anexo I.

Ós traballadores que, ben no momento do seu ingreso ou ben posteriormente, teñan establecidas mediante pacto condicións especiais, aínda que lles sexan de aplicación as normas deste convenio non llo serán as condicións retributivas previstas nel.

Temporal.

O presente convenio terá unha duración de 1 ano e entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1996.

Entenderase prorrogado por anos sucesivos, salvo que algunha das partes o denunciase cun preaviso

de dous meses, como mínimo, anteriores á terminación do prazo de vixencia inicial, é dicir, 31 de decembro de 1996 ou o da prórroga, se a houbese. Expresamente para o ano 1996 entenderase automaticamente denunciado o convenio ó final da súa vixencia, é dicir, o 31 de decembro de 1996.

Artigo 2º.-Garantías persoais.

Respectaranse as situacións persoais que, en concepto de percepcións de calquera clase, sexan no seu conxunto máis beneficiosas que as fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras establecidas no presente convenio, sexan económicas ou doutra índole, serán absorbibles ou compensables coas melloras económicas ou doutra índole que se establezan por disposición legal, xurisprudencia, convenio de calquera ámbito, resolución de calquera clase, contrato persoal ou calquera outra causa, ben entendido que se pode realiza-la dita compensación e absorción entre conceptos de distintas naturezas, operando estas cando o convenio colectivo aplicado no seu conxunto e cómputo anual sexa máis favorable para os traballadores que o fixado na orde normativa ou convencional de referencia.

Artigo 4º.-Vinculación e lexislación supletoria.

As normas do presente convenio considéranse no seu conxunto máis beneficiosas que as contidas nas disposicións legais vixentes.

O presente convenio e os anexos que nel se indican forman un todo orgánico e indivisible, que, en canto se achar vixente, será aplicable e aplicado na súa totalidade, con exclusión doutros, calquera que fose o seu ámbito de aplicación.

No non previsto neste convenio aplicarase o disposto polas disposicións legais na materia.

De conformidade coa disposición transitoria segunda da Lei do Estatuto dos traballadores, acórdase deixar sen efecto a ordenanza laboral para as industrias do aceite e os seus derivados.

Artigo 5º.-Comisión paritaria de control e interpretación.

Para a interpretación e aplicación do convenio constituirase unha comisión paritaria.

A dita comisión paritaria estará formada por tres representantes dos traballadores que formasen parte da comisión deliberadora e tres representantes da empresa. Así mesmo, nomearanse por cada parte tres suplentes.

En cumprimento da función de interpretación e aplicación do convenio, a comisión utilizará o teor literal do convenio e, se del non se obtivese unha solución satisfactoria para ámbalas partes, utilizaranse os criterios legais e convencionais que, de carácter xeral, poidan resultar aplicables.

A competencia desta comisión esténdese a tódalas cuestións que, en relación coa aplicación deste convenio e durante a súa vixencia, se poidan suscitar e, singularmente, respecto daquelas nas que o articulado lle fai unha remisión expresa.

En particular, será da súa competencia analizar aqueles casos concretos sobre os que se presente reclamación de traballos de distinta categoría que realice o persoal, accedendo para isto ó coñecemento dos partes de control do persoal nas plantas.

A comisión reunirase con carácter ordinario como máximo unha vez ó mes, por convocatoria de calquera das partes, cunha anticipación mínima de 72 horas.

Con carácter extraordinario reuniranse as veces que sexan necesarias para os temas que, pola súa urxencia, non poidan esperar á reunión ordinaria, mediante convocatoria de calquera das dúas partes, cunha anticipación mínima de 48 horas, na que se fará consta-la proposta de orde do día.

Se nas reunións da comisión paritaria non se obtivese un acordo sobre a cuestión suscitada, cada unha das partes poderá exerce-las accións que considere máis convenientes ó seu dereito.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Organización do traballo.

De acordo coas disposicións en vigor, a organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, a cal pode adopta-los sistemas de racionalización, mecanización, organización e división daquel que mellor se acomoden ó seu desenvolvemento industrial e comercial.

A mobilidade do persoal nos distintos postos de traballo na empresa terá como límite o disposto na lexislación vixente.

En todo caso, sen prexuízo do cumprimento da decisión empresarial de mobilidade, informarase a comisión prevista no artigo 5º para o seu coñecemento e solución das posibles diverxencias que, en tal caso, se poidan presentar.

Os cambios de sistemas en ningún caso terán carácter vexatorio para os seus productores.

Artigo 7º.-Asignación de tarefas.

É facultade da dirección da empresa, de acordo coa lexislación vixente e as condicións acordadas no presente convenio, a distribución do persoal nos distintos postos de traballo e a asignación das tarefas correspondentes a eles, sen discriminación nin menoscabo da dignidade humana e profesional, debendo os traballadores cumpri-las obrigas concretas do seu posto, así como as ordes e instruccións dos seus superiores no exercicio regular das súas facultades directivas.

Artigo 8º.-Limpeza.

Con independencia da categoría profesional, o persoal responsabilizarase da limpeza e a boa orde do

posto de traballo e das máquinas, ferramentas, vehículos, mobiliario e toda clase de elementos de traballo de que a empresa o provexa para a súa execución.

Artigo 9º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior á que teña asignada, terá dereito ó salario real da dita categoría superior mentres ocupe o dito posto.

Se ocupase un posto de categoría superior durante 6 meses nun ano ou 8 meses en dous anos, consolidarase esta categoría superior.

Para os efectos deste artigo, a fracción de día considerarase como día completo de traballo en superior categoría, cando a dita fracción sexa igual ou superior á metade da xornada laboral.

Artigo 10º.-Traballos de categoría inferior.

A dirección da empresa, por perentoria necesidade e facendo uso das facultades de organización práctica do traballo, poderá destina-lo persoal, comunicándollo ó comité de empresa, a realizar traballos de categoría inferior, sen mingua da súa retribución.

O dito destino será, en todo caso, de carácter temporal, mentres dure a situación de perentoria necesidade.

Artigo 11º.-Polivalencia.

Todo oficial de producción que, a requirimento da empresa, demostre capacidade de realizar traballos de mantemento, terá a cualificación de polivalente.

Os oficiais polivalentes deberán estar en disposición de realizar traballos de mantemento cando sexa necesario.

O acceso a esta cualificación de polivalencia será voluntario.

No suposto de non se presentaren voluntariamente suficientes oficiais, a empresa poderá designar para cubri-las prazas vacantes aqueles oficiais que considere capacitados.

O número total de polivalencias será de 16.

Cando, ademais de existiren vacantes de polivalencia, exista vacante de categoría de oficial na área de producción, poderase presentar ás probas de acceso a polivalencia calquera persoal da empresa, independentemente da súa cualificación profesional ou área de traballo.

Neste suposto, a consecución da categoría de polivalente suporá a inmediata adscrición do traballador á área de producción en réxime de correquendas.

Capítulo III

Réxime do persoal

Artigo 12º.-Contratación de traballadores.

1. Ingresos.

A contratación do persoal efectuarase conforme as disposicións legais vixentes en cada momento na materia.

A empresa comunicaralles ós traballadores os postos de nova contratación suxeitos a convenio mediante nota que estará exposta no taboleiro de anuncios con quince días previos á selección e contratación, detallando, ademais do posto que se pretende cubrir, os requisitos esixidos para as probas de aptitude.

Antes de proceder á contratación exterior será esgotadas as posibilidades de cubri-las vacantes ou prazas de nova contratación co persoal da empresa, con preferencia do fixo ó eventual. Neste procedemento, e en caso de igualdade no resultado das probas realizadas polo persoal fixo do cadro, terase en conta o seguinte criterio de preferencia para a súa ocupación:

a) O de máis categoría profesional.

b) O de máis antigüidade na categoría.

c) O de máis antigüidade no departamento.

d) O de máis antigüidade na empresa.

De convocarse outra vacante ou praza de nova creación da mesma natureza nun prazo de tempo non superior a seis meses a partir da data de convocatoria anterior, sen necesidade de novo exame respectaranse as cualificacións obtidas con anterioridade.

Para o ingreso na empresa efectuaranse as correspondentes probas de aptitude, das que se lle dará coñecemento ó comité de empresa. As probas de aptitude serán como mínimo do mesmo nivel que as esixidas nas probas do persoal do cadro.

Terán preferencia, en igualdade de condicións con outros solicitantes, os fillos dos traballadores que superasen as probas.

O comité poderá nomear ata tres dos seus membros para comproba-la correcta cualificación das probas.

Toda falsidade nos datos que se lles soliciten ós aspirantes producirá automaticamente a nulidade do contrato, que quedará resolto sen ningunha indemnización para o traballador que incorrese nela.

2. Recoñecemento médico.

Previamente ó ingreso definitivo na empresa todo traballador deberase someter a un recoñecemento médico coas probas pertinentes; a súa superación será condición indispensable para o ingreso.

3. Período de proba.

En todo caso, os ingresos considéranse feitos a título de proba e a súa duración será a seguinte:

-Persoal titulado: 6 meses.

-Persoal técnico non titulado: 3 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Operarios cualificados e persoal subalterno: 1 mes.

-Operarios non cualificados: 14 días.

O período de proba concertarase por escrito. Superado o período de proba computarase este para efectos de antigüidade.

Artigo 13º.-Clasificación do persoal.

a) Pola súa permanencia.

1. Fixos: son aqueles traballadores que realizan actividades que, pola súa natureza, teñen carácter normal e permanente na empresa.

2. De campaña: son os traballadores contratados para actividades de carácter esporádico e non regularmente fixo.

3. Interinos: son os que ingresan na empresa expresamente para cubri-la ausencia dun traballador fixo en situación de excedencia, servicio militar, enfermidade ou situación análoga, que cesarán ó se reincorpora-lo titular, sen dereito a indemnización.

4. De duración determinada: son aqueles traballadores contratados en atención ás circunstancias previstas polo Goberno para fomenta-lo emprego de certos grupos de traballadores.

Os contratos de campaña, interinos e de duración determinada serán sempre por escrito.

b) Funcional.

O persoal de Moyresa Molturación y Refino, S.A. clasificarase por razón das súas funcións nos seguintes grupos:

1. Técnicos.

2. Persoal administrativo: oficial 1ª, oficial 2ª e auxiliar.

3. Persoal de laboratorio: axudante e auxiliar.

4. Persoal operario: oficial 1ª, oficial 2ª, oficial 3ª e axudante de fabricación.

5. Persoal subalterno: basculeiro, garda e limpadora.

Artigo 14º.-Funcións do persoal operario.

As funcións do persoal operario clasifícanse en:

a) Traballos de oficial: son aqueles, tanto de mantemento como de producción, que requiren para a súa execución coñecementos básicos e profesionais que garantan a súa correcta realización.

Substancialmente, enuméranse os seguintes: operacións de extracción, preparación, caldeiras, refinería, secadoiros, palista, carga de aceites, estación marítima, capataz de almacén de fariñas, conductores e traballos de mantemento que requiran coñecemento dun oficio, sen prexuízo daqueles outros que, pola súa analoxía, se poidan considerar de igual clasificación.

Estas funcións serán realizadas por traballadores coa categoría de oficial 1ª, oficial 2ª e oficial 3ª.

b) Traballos de axudante: son os traballos de axudante aqueles que non precisan que o persoal que os realice teña coñecementos específicos ou que se realizan baixo a supervisión directa de persoal cualificado de superior categoría.

Os traballos de axudante serán realizados por operarios coa categoría de axudante de fabricación.

Todo isto sen prexuízo do establecido nos artigos que regulan traballos de superior e inferior categoría.

Artigo 15º.-Ascensos.

Sen menoscabo do establecido no artigo anterior, os ascensos do persoal axustaranse ás normas seguintes:

Grupo de técnicos: os ascensos faranse por libre designación da empresa.

Grupo de administrativos, operarios e subalternos: os ascensos serán por valoración de méritos e probas de aptitude, que estudiará unha comisión integrada por técnicos da empresa, do cal se informará o comité.

O comité de empresa poderá designar tres dos seus membros para comprobaren a correcta cualificación das ditas probas de aptitude e respecto ás normas xerais recollidas neste convenio.

En igualdade de condicións terase en conta a antigüidade.

En todo caso, os ascensos considéranse feitos a título de proba. A duración do período de proba será:

-Persoal titulado: 3 meses.

-Persoal técnico non titulado: 45 días.

-Administrativos: 1 mes.

-Operarios cualificados e persoal subalterno: 1 mes.

-Operarios non cualificados: 15 días.

Non superado o período de proba, o traballador pasará a ocupa-lo seu anterior posto de traballo.

Artigo 16º.-Cesamento voluntario.

O traballador poderá cesar voluntariamente na empresa, comunicando a súa baixa por escrito á súa oficina de persoal. A baixa deberá ser comunicada cun mes de anticipación polo persoal titulado e técnico e con quince días o resto do persoal.

A falta de preaviso daralle dereito á empresa a descontar da liquidación o importe do salario de medio día por cada un de atraso.

O cesamento voluntario non dará dereito a ningunha indemnización.

Artigo 17º.-Excedencia.

Sen prexuízo do establecido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores, estipúlase o seguinte:

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

A forzosa dará dereito á conservación do posto e antigüidade e concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

A excedencia voluntaria: o traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situar

se en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco.

Este dereito só poderá ser exercido polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

Son causas para solicita-la excedencia voluntaria as seguintes:

-Asuntos familiares no estranxeiro.

-Ampliación de estudios.

-Matrimonio.

-Nacementos de fillos.

-Traslado do cónxuxe por razóns de traballo a máis de 100 km de distancia.

-Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais ó seu cargo.

Excepcionalmente, só neste último caso o reingreso será automático.

As excedencias, calquera que sexa a súa modalidade, enténdense concedidas sempre sen dereito a retribución e non se poderán utilizar para prestar servicios noutra empresa.

A solicitude deberase efectuar cun mes de anticipación á data en que se vaia inicia-lo seu desfrute, ante a dirección da empresa.

Así mesmo, o tempo de duración da excedencia non será computable para ningún efecto, salvo a forzosa.

No se poderá exerce-lo dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria cando o número de persoas en situación de excedencia voluntaria alcanzase o cinco por cento do cadro de persoal.

Servicio militar: nos supostos de suspensión do contrato por prestación do servicio militar ou substitutivo, o traballador deberase reincorporar no prazo máximo de 30 días naturais a partir da cesación no servicio.

Durante o tempo de permanencia no servicio militar o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de Nadal, xullo e beneficios, na proporción que corresponda.

Capítulo IV

Xornada, vacacións, permisos e licencias

non retribuídas

Artigo 18º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo para o ano 1996 establécese do xeito seguinte:

Unicamente para o persoal de correquendas queda establecida a xornada laboral en 1.776 horas de traballo efectivo en cómputo anual.

Para o resto do persoal queda establecida a xornada laboral en 1.786 horas de traballo efectivo e en cómputo anual.

Para os que traballan en réxime de quendas ininterrompidas os descansos computaranse basicamente en períodos de catro semanas.

Artigo 19º.-Horario.

Anualmente o horario será establecido pola dirección, logo de coñecemento do comité de empresa, seguindo as canles legais previstas na lexislación vixente para cada réxime de traballo existente na empresa.

Por razóns de perentoria necesidade ou de organización do traballo, a dirección da empresa poderá modificar temporalmente o sistema de horario para calquera posto de traballo mentres existan tales razóns.

Para o persoal administrativo establécese, durante o período estival e durante 13 semanas, a xornada intensiva, sempre e cando se respecte o cómputo anual de 1.786 horas de traballo efectivo. En todo caso será imprescindible a existencia dunha quenda rotativa de gardas dunha persoa co fin de garanti-los servicios mínimos.

O persoal deberá encontrarse no seu posto de traballo á hora sinalada. En caso de traballo por quendas, o traballador da quenda saínte non poderá abandona-lo seu posto de traballo ata que sexa substituído pola quenda seguinte, absténdose de cambiar de roupa ou efectuar outros preparativos para a saída antes da dita substitución.

O atraso, con independencia das sancións a que poida dar lugar se non é xustificado, implicará a perda da remuneración correspondente ó tempo non traballado, completando fraccións de quince minutos.

Así mesmo, ó traballador que no cubra o tempo de atraso da substitución aboaráselle o dito tempo en fraccións de quince minutos.

A falta de asistencia ó traballo avisaráselle á empresa coa máxima urxencia posible e sempre dentro da primeira xornada laboral en que se falte, salvo en casos debidamente xustificados.

Entre xornada e xornada deberán transcorrer, como mínimo, doce horas de descanso.

Artigo 20º.-Festas laborables.

Respectaranse as festas nacionais e locais establecidas no calendario oficial.

O desfrute das ditas festas realizarase do seguinte xeito:

a) Persoal en réxime de traballo de xornada partida ou continuada, excepto o correquendas, no propio festivo.

b) Persoal en réxime de traballo de correquendas segundo establecen os cadros de correquendas.

En todo caso, e coas excepcións que máis adiante se expoñen, respectaranse para todo o persoal os seguintes festivos: Nadal, Ano Novo, 1º de Maio e 25 de Xullo.

Os días 24 e 31 de decembro o descanso comezará ás 6 horas e terminará respectivamente ás 6 horas dos días 26 de decembro e 2 de xaneiro, ben entendido que os postos de carga e báscula deberán quedar cubertos no caso de existir tal necesidade de carga e desenvolvéndose este traballo como máximo ata as 14 horas.

Así mesmo, deberá estar cuberto o posto de caldeiras por un oficial de quenda polo tempo necesario que garanta o mantemento da presión nelas.

Ó persoal que atenda os ditos servicios compensaránselle as horas realizadas por descansos ou horas extras, á escolla do interesado, sendo o aboamento mínimo para o posto de caldeiras de catro horas, con independencia do tempo que invista no dito servicio.

En ámbolos casos, a empresa facilitará ou aboará o medio de transporte.

Así mesmo, a empresa arbitrará un sistema que cubra a vixilancia da fábrica nestas datas.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de desemprego existente e con obxecto de favorece-la creación de emprego, ámbalas partes acordan a conveniencia de non realizar máis horas extraordinarias que aquelas de carácter estructural ou as que veñan esixidas pola necesidade de previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes.

Quedan unificados os valores das diferentes clases de horas extraordinarias, fixándose un só valor para elas que será o resultante do da hora normal de traballo incrementado no setenta e cinco por cento, a excepción dos oficiais polivalentes, ós que se lles incrementará o valor da hora extra no da parte proporcional que corresponda na aplicación do plus de polivalencia.

O valor bruto de cada hora extraordinaria será o que figura nos cadros que se xuntan como anexo III, formando parte integrante do presente convenio.

Considéranse horas extraordinarias estructurais as realizadas polas seguintes causas:

a) Previr ou reparar sinistros.

b) Previr ou reparar danos extraordinarios e urxentes.

c) Risco de perda ou deterioración de materias primas ou productos.

d) Períodos punta de actividade.

e) Ausencias imprevistas.

f) Substitución de membros do comité.

g) Cambio de quendas.

h) Mantemento do proceso productivo.

En todo caso e sen prexuízo do establecemento dun sistema específico para cada sección da empresa, toda realización de horas extraordinarias deberá estar autorizada polo xefe competente, o cal fará consta-la súa autorización expresa na tarxeta de control de horario do traballador.

Artigo 22º.-Vacacións.

1. Duración.

Sen distinción de categoría, todo o persoal terá dereito a desfrutar anualmente dun período de trinta días naturais de vacacións pagadas pola empresa.

O persoal fixo que leve menos dun ano de servicio desfrutará da parte proporcional ó tempo transcorrido entre o seu ingreso e o 31 de decembro.

Ós traballadores que cesen no transcurso do ano sen teren desfrutado das vacacións corresponderalles por este concepto a parte proporcional ó tempo transcorrido desde o 1 de xaneiro ata a data do seu cesamento. No suposto de que as tivesen desfrutado e o fixesen por un tempo superior ó que lles corresponde, o exceso seralles deducido do importe da súa liquidación.

2. Distribución.

As vacacións deberán ser tomadas sempre por días completos.

O cadro de vacacións exporase dentro do último mes do ano anterior e poderá ser modificado por razóns técnicas, comerciais ou de calquera outra índole, logo de consulta ó comité de empresa.

Arbitrarase un sistema de rotación do persoal na preferencia do desfrute das vacacións no período estival.

3. Vacacións fóra do período estival.

Os traballadores que desfruten vacacións fóra do período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos incluídos, serán gratificados coa cantidade de 51.775 pesetas.

Cando o período de vacacións coincida parcialmente co sinalado no parágrafo precedente, terase dereito á parte proporcional da gratificación.

4. Interrupción do período de vacacións por incapacidade laboral transitoria.

Considerarase interrupción de vacacións en situación de incapacidade laboral transitoria o período de tempo igual ó transcorrido entre a baixa e a alta de hospitalización, debendo o traballador aporta-los oportunos xustificantes de baixa, e sempre que se poida produci-la compensación do desfrute no mesmo ano natural en que se produza a baixa; para isto será avaliada a hospitalización polo servicio médico da empresa.

Artigo 23º.-Permisos.

O traballador, avisando coa posible anticipación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración,

unicamente por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) Por matrimonio, vinte días naturais.

b) Durante dous días, que poderá amplia-la dirección en casos de enfermidade grave ou falecemento de cónxuxe, fillos, pais dun ou outro cónxuxe, irmáns, netos, avós, tíos e ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Durante tres días en caso de parto da esposa.

d) Durante dous días en caso de traslado do domicilio habitual.

e) En caso de bautizo, primeira comuñón e matrimonio de fillos do traballador, matrimonio de irmáns ou netos, un día natural que coincidirá co da cerimonia, polo que non procederá se esta ten lugar en festivo ou xornada de descanso.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

A comunicación para o desfrute destes permisos realizarase por escrito, coa maior anticipación posible, ós superiores xerárquicos, os cales o remitirán ó departamento de persoal.

Artigo 24º.-Licencias non retribuídas.

Logo de solicitude ó xefe inmediato, o persoal poderá desfrutar de licencias non retribuídas para asuntos propios e sempre que as necesidades do servicio o permitan; para este efecto, terase en conta o seguinte:

1º Deberá ser solicitado por escrito, no posible con cinco días de anticipación.

2º Concederase ou denegarase a licencia dentro dos dous días seguintes á presentación da solicitude.

3º A licencia poderá ser anulada, en calquera momento, por causas de forza maior ou circunstancias extraordinarias que fixesen necesaria a asistencia do peticionario ó traballo.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 25º.-Mellora económica.

A mellora económica acordada para o ano 1996 é dun 3,95 por 100 (tres noventa e cinco por cento), aplicable de forma porcentual sobre tódolos conceptos salariais en vigor o 31 de decembro de 1995, salvo aqueles que, na súa propia definición, posúan valores específicos.

Complementariamente, engadiráselle ó plus de perigosidade resultante da aplicación da revisión anterior a cantidade de cincocentas pesetas mensuais, mesmo en pagas extraordinarias. Deste xeito o plus de perigosidade existente o 31-12-1995 que

dará mellorado na porcentaxe de revisión acordada para 1996 máis a suma de cincocentas pesetas.

A base salarial para o cálculo dos incrementos para o ano 1997 estará constituída pola base salarial o 31 de decembro de 1996.

Artigo 26º.-Conceptos retributivos.

Os conceptos retributivos que compoñen a renda de traballo dos traballadores afectados polo presente convenio clasificaranse segundo as denominacións que se detallan a seguir:

a) Salario real. Para tódolos efectos previstos no presente convenio, o salario real estará composto pola suma dos seguintes conceptos salariais:

1. Soldo base: para tódalas categorías será o indicado na táboa de valores contida no anexo I deste convenio que, como parte integrante del, se xunta.

2. Complementos salariais.

2.1. Persoais:

2.1.1. Antigüidade. Acórdase unha valoración para os aumentos periódicos polos anos de servicio, sen distinción de categoría, segundo a táboa de valores contida no anexo II.

Para a concesión do complemento de antigüidade, computarase como data inicial a do ingreso na empresa.

No caso de que o traballador cese na empresa por sanción ou por vontade propia, sen solicita-la excedencia voluntaria, se posteriormente reingresa na empresa, o cómputo de antigüidade efectuarase a partir do seu novo ingreso.

O importe de cada bienio ou quinquenio comezarase a devengar desde o día 1 do mes seguinte ó seu cumprimento.

2.1.2. Plus de convenio. Establécese este plus para cada categoría profesional nas cantidades especificadas na táboa salarial, anexo I deste convenio.

2.2. De posto de traballo:

(Segundo táboa de valores contida no anexo II).

2.2.1. Plus de traballo por quendas, mantemento e bocadillo. Establécese este plus para o persoal de fábrica que traballe por quendas, así como para o persoal de mantemento, exceptuándose o basculeiro e o garda.

Este plus vén supli-lo tempo de descanso para o bocadillo, establecido no artigo 1º da Lei 4/1983, do 29 de xuño, que fixa a xornada máxima legal.

Queda fixado o seu valor, para tódalas categorías, en 22.101 pesetas.

2.2.2. Plus de perigosidade. A súa contía será de 9.139 pesetas, para todo o persoal con dereito a el.

2.2.3. Plus de correquendas. Este plus concédeselle ós postos de traballo continuo, con descansos computados mensualmente como se prevé no artigo 17 deste convenio.

Este plus está valorado en 25.677 pesetas mensuais.

2.2.4. Plus de compensación especial. Este plus concédeselle ó persoal de traballo en plantas por quendas con descanso en sábados, domingos e festivos, non sendo compatible co plus de correquendas, nin devengado por persoal que ingresase na empresa con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1985.

Este plus está valorado en 11.650 pesetas mensuais.

2.2.5. Plus especial de mantemento. Este plus concédeselle ó persoal da área de mantemento pola realización de traballos e coordinación das persoas doutras compañías de servicios que a empresa contrate para a realización de reparacións determinadas.

Este plus está valorado en 6.457 pesetas mensuais.

2.2.6. Plus de polivalencia. A súa contía será de 12.914 pesetas para o persoal especificado no artigo 11º do presente convenio.

2.2.7. Plus de retén. A súa contía será de 12.914 pesetas e créase para os operarios de mantemento eléctrico, Emilio Cao López e Antonio López Membila, substituíndo o plus de polivalencia que ambos tiñan como valores provenientes do sistema de correquendas. Este plus de retén deixarase de percibir en caso de ámbolos dous traballadores se integraren de novo no sistema de correquendas, substituíndose neste caso polo plus de polivalencia.

O plus de retén obrigará a ámbolos traballadores a estaren localizables nos fins de semana e festivos para atenda-las necesidades que se puidesen producir, con independencia do aboamento de horas extra.

2.2.8. Plus de equivalencia. A súa contía será de 25.677 pesetas e créase para os operarios de mantemento eléctrico, Emilio Cao López e Antonio López Membila, con obxecto de non mingua-la retribución que percibían en concepto de plus de correquendas, como provenientes do dito sistema de traballo. Este plus de equivalencia deixarase de percibir no caso de os operarios citados volveren a integrarse no sistema de correquendas, substituíndose neste caso polo plus de correquendas inherente ó dito sistema.

3. Participación en beneficios: a paga de beneficios aboarase mensualmente na nómina e o seu importe, sen distinción de categorías, será o especificado na táboa salarial que figura no anexo II do presente convenio.

b) Pagas extraordinarias. As gratificacións extraordinarias serán dúas e consistirán, cada unha delas, en trinta días de salario real.

O devengo das pagas extraordinarias será por sextas partes, sendo o período de devengo da paga de verán do 1 de xaneiro ó 30 de xuño e a de Nadal do 1 de xullo ó 31 de decembro.

Aboaranse, a primeira entre o 15 e o 18 de xullo, e a segunda entre o 20 e o 22 de decembro.

Capítulo VI

Melloras sociais

Artigo 27º.-Premio extraordinario por anos de permanencia na empresa.

Premiarase a permanencia na empresa do persoal que, ó xubilarse, cumpra:

-20 anos de servicio: unha mensualidade.

-30 anos de servicio: dúas mensualidades.

Igualmente, aqueles traballadores que causen baixa na empresa por motivos diversos, salvo por despedimento procedente, terán dereito ós mencionados premios se cumpriron os anos de servicios determinados anteriormente.

A aqueles traballadores que cumpran 25 anos de servicio premiaráselle-la súa permanencia na empresa cunha mensualidade.

Artigo 28º.-Compensación por matrimonio e nacemento de fillos.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá unha gratificación de pagamento único consistente en:

-Por nacemento de fillo: 34.005 pesetas.

-Por matrimonio: 68.009 pesetas.

Artigo 29º.-Bolsa de Nadal.

Tódolos traballadores do cadro de persoal recibirán entre os días 15 e 22 de decembro unha bolsa de Nadal.

Para a elección da composición da bolsa será consultado o comité de empresa.

Igualmente, incluiranse tódolos traballadores que causen baixa na empresa por incapacidade permanente, en calquera dos seus graos, ata o momento en que cumpran a idade que lles permita optar pola situación de xubilación.

Artigo 30º.-Seguro de vida.

A empresa subscribe unha póliza de seguro a favor de tódolos seus traballadores que garanta un capital de tres millóns de pesetas por morte ou invalidez total, absoluta, permanente e gran invalidez, xa sexa como consecuencia de enfermidade común ou accidente.

Este capital poderá ser incrementado polo traballador que o desexe, pagando coa súa aportación persoal o exceso de prima correspondente.

Artigo 31º.-Percepcións en caso de incapacidad laboral transitoria.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio que se encontren en situación de baixa por accidente laboral percibirán, con cargo á empresa, a compensación económica necesaria co fin de percibi-lo cento por cento do seu salario real, sempre que o médico da empresa corrobore a baixa, para o cal poderá efectua-las visitas domiciliarias que considere oportunas.

Nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social co fin de garanti-las percepcións mínimas seguintes:

-3 primeiros días: ata o 75 por 100.

-17 seguintes días: ata o 90 por 100.

O resto do tempo complementarase o salario ó cento por cento ata a situación de invalidez permanente.

Artigo 32º.-Traballadores con capacidade diminuída.

Naqueles supostos en que houbese necesidade de efectuar mobilidade de persoal a consecuencia de diminución da capacidade física dalgún traballador, ben sexa como consecuencia de enfermidade común, desgaste físico derivado dunha dilatada vida laboral ou non laboral, a empresa procurará acopla-lo dito persoal, na medida do posible, en traballos adecuados ás súas condicións físicas.

Artigo 33º.-Xubilación anticipada.

De xeito individual poderase pactar entre a empresa e o traballador interesado a xubilación anticipada, coas indemnizacións e prestacións que se consideren en cada caso.

Non obstante, haberá que aterse ás disposicións vixentes na materia en cada momento.

Artigo 34º.-Fondo social.

Ó quedar suprimido o fondo social, o saldo existente nesta data será administrado polo comité de empresa, coa expresa aprobación da dirección.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 35º.-Comité de seguridade e saúde.

Funcionará na empresa un comité de seguridade e saúde; a súa misión e funcionamento rexeranse pola lexislación vixente.

Procurarase que todo o persoal asista ós cursos de seguridade polo menos unha vez ó ano.

Artigo 36º.-Roupa de traballo e de seguridade.

1. Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles á tódolos traballadores da planta dous conxuntos de chaqueta e pantalón e dúas toallas ó ano.

Ó persoal de laboratorio facilitaráselle roupa e calzado adecuado e, como mínimo, dúas batas e un par de zocos ó ano.

A empresa substituirá a roupa de traballo entregada cando polo uso sexa necesaria a súa reposición, esixíndose a entrega da roupa usada á entrega da nova.

2. Roupa de seguridade e hixiene laboral.

A empresa facilitaralles a tódolos traballadores da planta unha peza de abrigo e un par de botas de seguridade cada dous anos.

Así mesmo, darase unha funda antiácido a todo o persoal que manipule ácidos.

Para os postos que o requiran, facilitarase un par de botas de goma e para todo o persoal que traballe no exterior un traxe de augas.

Con independencia do anterior, a empresa subministraralles ós traballadores tódalas pezas que, por seguridade, sexan necesarias para o desempeño das súas funcións.

Capítulo VIII

Faltas e sancións

Artigo 37º.-Normas xerais.

1. Os traballadores poderán ser sancionados polas dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establezan nas disposicións legais ou no presente convenio.

2. A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a xurisdicción competente. A sanción das faltas graves e moi graves requirirá comunicación escrita ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivan.

A imposición de sancións por falta grave e moi grave seralle comunicada ó comité de empresa.

3. As faltas cometidas polo persoal clasifícanse segundo a súa importancia, transcendencia ou intencionalidade en leves, graves e moi graves.

A enumeración das faltas que se contén nos artigos seguintes non é limitativa senón simplemente enunciativa e, xa que logo, terán a mesma clasificación aqueles feitos análogos que se poidan cometer, aínda que non estean expresamente recollidos nos mencionados artigos.

Artigo 38º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves:

1. A falta de puntualidade na entrada ó traballo ou saír antes do final deste, cometida de unha a cinco veces durante o prazo dun mes sen o debido permiso ou xustificación.

2. Non cursa-lo aviso correspondente en casos de falta ó traballo, por motivo xustificado, salvo imposibilidade forzosa.

3. Cambiar de roupa ou en xeral disporse para a saída antes da hora de finalización da xornada ou antes de terse realizado a substitución.

4. Pequenos descoidos na conservación das naves, máquinas, ferramentas ou na súa limpeza.

5. Non avisa-lo xefe inmediato dos defectos do material ou da necesidade deste para segui-lo traballo en perfectas condicións.

Artigo 39º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves:

1. Máis de cinco faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un mes.

2. Faltar dous días ó traballo, sen xustificar, sexan ou non consecutivos, durante un período de trinta días.

3. A simulación de enfermidade ou accidente, así como simula-la presencia doutro traballador asinando ou fichando por el ou encargarlle a outro que realice as ditas operacións.

4. Introducir nos lugares de traballo bebidas alcohólicas para o seu consumo, aínda que este non chegue a producirse.

5. Causar desperfectos de consideración e intencionadamente nas máquinas, mobiliario ou demais bens da empresa.

6. A reincidencia en falta leve, aínda que sexa de distinta natureza, cometida dentro dun trimestre e mediando sanción.

Artigo 40º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves:

1. Máis de 10 faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de 6 meses ou máis de 20 durante un ano, calquera que fose a contía dos atrasos.

2. O abandono do traballo en postos de responsabilidade, entendéndose por tal o abandono do posto durante a xornada, cando se ocupe posto de mando ou se sexa responsable dun servicio de importancia para a empresa.

3. O abandono do posto de traballo ou falta de asistencia, calquera que sexa aquel, sen causa xustificada, se como consecuencia diso se orixina grave prexuízo a un compañeiro ou á empresa.

4. A embriaguez ou o consumo de drogas estando de servicio.

5. Facer desaparecer, inutilizar, estragar ou causar desperfectos a primeiras materias, máquinas, aparellos, ferramentas, instalacións, edificios, documentos, etc., da empresa.

6. O falseamento ou secuestro de documentos, así como a violación do segredo de correspondencia ou documentos reservados á empresa. Se é a persoas alleas á empresa a sanción será sempre de despedimento.

7. O abandono ou neglixencia na vixilancia nocturna ou permiti-la entrada nos locais da empresa durante a noite a persoas non autorizadas.

8. O abuso de autoridade.

9. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza. Haberá reincidencia cando se sancionase xa por unha falta grave no período dos 6 meses anteriores.

10. O incumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo que entrañe perigo grave.

11. Tolerarlles ós subordinados que traballen quebrantando as normas de seguridade e hixiene.

12. Durmir en horas de traballo.

Artigo 41º.-Sancións.

As sancións que se aplicarán serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

1. Amoestación privada, verbal ou escrita.

2. Suspensión de emprego e soldo dun día.

b) Por faltas graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de 1 a 6 días.

c) Por faltas moi graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de 7 a 30 días.

2. Inhabilitación por un período non superior a dous anos para ascender de categoría.

3. Despedimento con perda de tódolos seus dereitos na empresa.

Capítulo IX

Órgano de representación dos traballadores

Artigo 42º.-Comité de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

Ser informado pola dirección da empresa dos seguintes asuntos:

Trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e demais documentos que se lles dan a coñecer ós socios e nas mesmas condicións que a estes.

Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións do cadro de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais, e as reduccións de xornada, sobre o traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

Do reingreso na empresa do persoal que se encontraba en excedencia.

En función da materia de que se trate: sobre a implantación ou revisión de sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempo, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

Sobre a fusión, absorción, modificación de estatus xurídico da empresa, cando isto supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

A dirección facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contratos de traballo que habi

tualmente utilice, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidade profesional e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.

Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de seguridade social, así como o respecto dos pactos, condicións ou usos da empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

Participar, como se determine regulamentariamente, na xestión das obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exerce-las accións administrativas ou xudiciais, en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós apartados anteriores, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

O comité velará non só por que nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios da non discriminación, igualdade de sexo ou fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 43º.-Garantías sindicais.

Ningún membro do comité de empresa poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou a sanción se base na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberase tramitar expediente contradictorio, no que será oído, á parte do interesado, o comité de empresa.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación e poderán publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo isto previamente á empresa e exercendo as tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina.

Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre el se produza con motivo da designación de membros do comité como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados e polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referida.

Sen pasa-lo máximo legal poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Expresamente acórdase a distribución de horas dos distintos membros do comité do xeito seguinte:

a) Para un máximo de 2 ou 3 membros do comité de empresa fíxase unha dispoñibilidade máxima para cada un deles de 16 horas á semana, 40 horas ó mes e 300 horas ó ano.

b) O resto das horas do comité de empresa, que se dividirán entre os restantes membros, fixándose para cada un o seu número de horas.

Na realización efectiva desta dispoñibilidade por parte dos membros do comité de empresa que traballan a «quendas ininterrompidas» será necesario un prazo de preaviso de 24 horas de anticipación.

En calquera caso esta dispoñibilidade no exercicio da súa representación terá que ser compatible coas súas obrigas no traballo, da que terá ademais que presentar xustificación suficiente.

Artigo 44º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado remitiralle á empresa un escrito no que exprese con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla de aforros a que deba ser transferido o importe da cota deducida.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL ANO 1996

Salario basePlus de convenio

Total anual

MensualAnualMensualAnual

Xefe de quenda e contramestre mantemento67.066938.92498.1651.374.3102.313.234
Oficial 1ª administrativo67.066938.924116.807 1.635.2982.574.222
Oficial 2ª administrativo67.066938.924104.929 1.469.0062.407.930
Auxiliar administrativo67.066938.92496.2231.347.1222.286.046
Axudante de laboratorio67.066938.92498.3261.376.5642.315.488
Auxiliar de laboratorio67.066938.92480.3751.125.2502.064.174
Médico16.767234.738115.542 1.617.5881.852.326
ATS33.533469.46251.208 716.9121.186.374
Basculeiro67.066938.92480.9661.133.5242.072.448
Garda67.066938.92470.476 986.6641.925.588
Subalterno-limpadora67.066938.92451.486 720.8041.659.728
Oficial 1ª producción/mantemento67.066938.92459.092 827.2881.766.212
Oficial 2ª producción/mantemento67.066938.92453.154 744.1561.683.080
Oficial 3ª producción/mantemento67.066938.92447.212 660.9681.599.892
Axudante de fabricación67.066938.92441.274 577.8361.516.760

ANEXO II

TÁBOA DE COMPLEMENTOS ANUAIS 1996

MensualAnual

Antigüidade
1 bienio3.26145.654
2 bienios6.52391.322
2 bienios e 1 quinquenio13.043182.602
2 bienios e 2 quinquenios19.564273.896
2 bienios e 3 quinquenios26.087365.218
Beneficios
Sen antigüidade6.52391.322
1 bienio6.81995.466
2 bienios7.11899.652
2 bienios e 1 quinquenio7.708107.912
2 bienios e 2 quinquenios8.299116.186
2 bienios e 3 quinquenios8.891124.474
Perigosidade9.139127.946
Plus de quendas, mantemento

e bocadillo

22.101309.414
Correquendas25.677359.478
Plus compensación especial

persoal 3 quendas

11.650163.100
Plus especial mantemento6.45790.398
Polivalencia12.914180.796
Plus de retén12.914180.796
Plus equivalencia25.677359.478

ANEXO III

VALOR HORAS EXTRAORDINARIAS

Sen antigüidade

Xefe de quenda3.155
Contramestre de mantemento2.873
Oficial 1ª en correquendas2.616
Oficial 2ª en correquendas2.534
Oficial 3ª en correquendas2.452
Axudante en correquendas2.370
Oficial 1ª en 3 quendas2.408
Oficial 2ª en 3 quendas2.327

Sen antigüidade

Oficial 3ª en 3 quendas2.245
Axudante en 3 quendas2.164
Oficial 1ª de mantemento2.337
Oficial 2ª de mantemento2.256
Oficial 3ª de mantemento2.174
Oficial 1ª administrativo2.737
Oficial 2ª administrativo2.574
Auxiliar administrativo2.455
Axudante de laboratorio2.484
Auxiliar de laboratorio2.337
Basculeiro2.245
Garda basculeiro2.245
Subalterno-limpadora1.841

1 bienio

Xefe de quenda3.204
Contramestre de mantemento2.922
Oficial 1ª en correquendas2.665
Oficial 2ª en correquendas2.583
Oficial 3ª en correquendas2.501
Axudante en correquendas2.419
Oficial 1ª en 3 quendas2.457
Oficial 2ª en 3 quendas2.376
Oficial 3ª en 3 quendas2.294
Axudante en 3 quendas2.213
Oficial 1ª de mantemento2.386
Oficial 2ª de mantemento2.305
Oficial 3ª de mantemento2.223
Oficial 1ª administrativo2.786
Oficial 2ª administrativo2.623
Auxiliar administrativo2.504
Axudante de laboratorio2.532
Auxiliar de laboratorio2.386
Basculeiro2.294
Garda basculeiro2.294
Subalterno-limpadora1.890

2 bienios

Xefe de quenda3.253
Contramestre de mantemento2.971
Oficial 1ª en correquendas2.714
Oficial 2ª en correquendas2.632
Oficial 3ª en correquendas2.550
Axudante en correquendas2.468
Oficial 1ª en 3 quendas2.506
Oficial 2ª en 3 quendas2.425
Oficial 3ª en 3 quendas2.343
Axudante en 3 quendas2.262
Oficial 1ª de mantemento2.435
Oficial 2ª de mantemento2.353
Oficial 3ª de mantemento2.272
Oficial 1ª administrativo2.835
Oficial 2ª administrativo2.672
Auxiliar administrativo2.552
Axudante de laboratorio2.581
Auxiliar de laboratorio2.435
Basculeiro2.343
Garda basculeiro2.343
Subalterno-limpadora1.939

2 bienios e

1 quinquenio

Xefe de quenda3.351
Contramestre de mantemento3.068
Oficial 1ª en correquendas2.812
Oficial 2ª en correquendas2.730
Oficial 3ª en correquendas2.648
Axudante en correquendas2.566
Oficial 1ª en 3 quendas2.604
Oficial 2ª en 3 quendas2.522
Oficial 3ª en 3 quendas2.441
Axudante en 3 quendas2.359
Oficial 1ª de mantemento2.532
Oficial 2ª de mantemento2.451
Oficial 3ª de mantemento2.369
Oficial 1ª administrativo2.932
Oficial 2ª administrativo2.769
Auxiliar administrativo2.650
Axudante de laboratorio2.679
Auxiliar de laboratorio2.533
Basculeiro2.441
Garda basculeiro2.441
Subalterno-limpadora2.036

2 bienios e

2 quinquenios

Xefe de quenda3.449
Contramestre de mantemento3.166
Oficial 1ª en correquendas2.910
Oficial 2ª en correquendas2.828
Oficial 3ª en correquendas2.746
Axudante en correquendas2.664

2 bienios e

2 quinquenios

Oficial 1ª en 3 quendas2.701
Oficial 2ª en 3 quendas2.620
Oficial 3ª en 3 quendas2.538
Axudante en 3 quendas2.457
Oficial 1ª de mantemento2.630
Oficial 2ª de mantemento2.548
Oficial 3ª de mantemento2.467
Oficial 1ª administrativo3.030
Oficial 2ª administrativo2.867
Auxiliar administrativo2.748
Axudante de laboratorio2.776
Auxiliar de laboratorio2.630
Basculeiro2.538
Garda basculeiro2.538
Subalterno-limpadora2.134

2 bienios e

3 quinquenios

Xefe de quenda3.547
Contramestre de mantemento3.264
Oficial 1ª en correquendas3.008
Oficial 2ª en correquendas2.926
Oficial 3ª en correquendas2.844
Axudante en correquendas2.762
Oficial 1ª en 3 quendas2.799
Oficial 2ª en 3 quendas2.717
Oficial 3ª en 3 quendas2.636
Axudante en 3 quendas2.554
Oficial 1ª de mantemento2.728
Oficial 2ª de mantemento2.646
Oficial 3ª de mantemento2.565
Oficial 1ª administrativo3.128
Oficial 2ª administrativo2.965
Auxiliar administrativo2.845
Axudante de laboratorio2.874
Auxiliar de laboratorio2.728
Basculeiro2.636
Garda basculeiro2.636
Subalterno-limpadora2.231

3513