Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración de vestiario con destino ó persoal dos talleres e servicios municipais.

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S97/61.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: vestiario con destino o persoal dos talleres e servicios municipais.

b) Número de unidades que hai que entregar:

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: será fixado polos licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a trinta días contados desde a confirmación a tallaxe das pezas de roupa.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 2.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 50.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d)

Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Enderezo: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si, ata un máximo de tres.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de vestiario con destino ó persoal dos talleres e servicios municipais.

11. gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de mayo de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

3026