Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Lourenzá-norte (Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Lourenzá-norte

(Lugo) que, co obxecto de que tomen posesión delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, a do 15 de octubre de 1997, na falta de acordo do propietario deles e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 16 de outubro de 1997, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e o que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outórgalle a quen no acordo de concentración figure como adxudicatario, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, na falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 24 de abril de 1997.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo

3969